"espermato" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 44.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fenómenos que interveñen na formación dos gametos masculinos. Inclúe unha serie de divisións celulares que se producen nos tubos seminíferos dos testículos, unha vez que o animal chega á madurez sexual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula sexual masculina que nas plantas se denomina anterozoide. Nos animais, prodúcense por un proceso de espermatoxénese. Un espermatozoide animal componse dunha cabeza que contén o material cromosómico hereditario nun núcleo e dun flaxelo ou cola, que actúa como aparato propulsor. A metade anterior do núcleo está recuberta polo acrosoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
espermatozoide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conduto do aparato reprodutor masculino dos animais heterogámicos por onde circulan os espermatozoides desde os testículos ata o medio externo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de maduración das espermátidas ata converterse nos espermatozoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Análise do esperma que consiste no estudo do número, da morfoloxía e da funcionalidade dos espermatozoides.
-
-
Acción de fecundar.
-
-
Proceso inherente á reprodución sexual, en que se produce a unión de dúas células haploides ou gametos, procedentes dun mesmo individuo ou de individuos diferentes para orixinar unha célula diploide ou cigoto.
-
Fecundación que ten lugar de forma allea aos procedementos estritamente naturais.
-
Tipo de fecundación en que o embrión se implanta no seo materno, moito despois de que teña lugar a cópula.
-
Técnica de reprodución asistida que consiste na fecundación do óvulo polo espermatozoide fóra do seo materno.
-
-
alogamia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano, xeralmente par, onde se produce a formación dos gametos (gametoxénese) e as hormonas sexuais. As gónadas masculinas denomínanse testículos e producen espermatozoides, e as femininas, ovarios e producen óvulos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo modificado ou tentáculo dos machos dos cefalópodos, adaptado para transferir os espermatozoides, pechados nun espermatóforo, á cavidade paleal da femia.
-
-
Nome dado ao espermatozoide tras as primeiras observacións do mesmo no microscopio, en que algúns estudosos crían ver a un home en miniatura.
-
Teoría biolóxica sobre a orixe da xeneración humana segundo a que cada home se atopa preformado no seu proxenitor e, ao mesmo tempo, contiña nel toda a súa descendencia.
-