espermatozoide
espermatozoide
espermato- + -zoide
s
m
[BIOL ]
Célula sexual masculina que nas plantas se denomina anterozoide. Nos animais, prodúcense por un proceso de espermatoxénese. Un espermatozoide animal componse dunha cabeza que contén o material cromosómico hereditario nun núcleo e dun flaxelo ou cola, que actúa como aparato propulsor. A metade anterior do núcleo está recuberta polo acrosoma.