gónada

gónada

gr γόνος ‘esperma, creación’

Plural: gónadas
s f [ANAT ]

Órgano, xeralmente par, onde se produce a formación dos gametos (gametoxénese) e as hormonas sexuais. As gónadas masculinas denomínanse testículos e producen espermatozoides, e as femininas, ovarios e producen óvulos.