homúnculo

homúnculo

lat homuncŭlu

Plural: homúnculos
  1. s m [BIOL ]

    Nome dado ao espermatozoide tras as primeiras observacións do mesmo no microscopio, en que algúns estudosos crían ver a un home en miniatura.

  2. teoría do homúnculo [BIOL ]

    Teoría biolóxica sobre a orixe da xeneración humana segundo a que cada home se atopa preformado no seu proxenitor e, ao mesmo tempo, contiña nel toda a súa descendencia.