"Cide" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 449.

  • Conxunto de accidentes provocados pola acción do aire enrarecido e comprimido sobre o organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten unha acidez desagradable, de sabor semellante ao do limón ou vinagre.

      2. Que ten sabor acedo desagradable que adquiren determinados alimentos a causa dunha alteración por microorganismos.

    1. Que fere.

    2. Que amosa mal carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade de reflexión dos corpos celestes sen luz propia.

      1. Relación entre o número de neutróns reflectidos e incidentes nun reflector de neutróns dun reactor nuclear.

      2. Reflexión de calquera clase de partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sólido de dureza moi elevada que existe na natureza en forma de anhidro e cristaliza en forma de corindón e hidratado en diversos graos. Emprégase na fabricación de aluminio e na obtención de abrasivos, refractarios, pezas de cerámicas, catalizadores e soportes de catalizadores.

    2. Alumina en forma granular de porosidade moi elevada e gran superficie específica, que manifesta unha gran capacidade de absorción, especialmente para a auga. Emprégase para secar gases ou vapores e certos líquidos, como catalizador e como absorbente.

    3. alundo.

    4. Calquera dos hidratos de alumina.

    5. Hidróxido de aluminio coloidal, que con solucións acuosas ácidas forma xeles dotados de propiedades absorbentes que se utilizan en medicina contra a acidez gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao viño de amandi.

    2. iño propio da Ribeira Sacra luguesa, integrada polas parroquias de Doade, Amandi, Lobios, Pinol e Santiorxo, no concello de Sober, que se caracteriza por ter unha graduación alcohólica que oscila entre os 10 e os 13 graos, e unha acidez de 5 a 6 de media; que se distingue polo seu padal e bo gusto, así como pola frescura e suavidade, aínda que o tinto é un pouco máis áspero ca o branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á análise.

      1. Que se basea na análise.

      2. Conxunto de tendencias filosóficas heteroxéneas que coinciden en rexeitar o idealismo e a metafísica para interesarse pola lóxica e pola análise como un método para o estudo da linguaxe.

      3. Xuízo en que o predicado está contido no concepto-suxeito, polo que non aumentan o coñecemento e son exclusivamente aclaratorios.

    2. Linguas do dominio indoeuropeo que foron perdendo a flexión das palabras e empregaron palabras auxiliares para expresar as relacións sintácticas.

    3. Método pedagóxico que se basea na análise global dos obxectos antes de proceder á reconstrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello de ferro ou de aceiro que se crava no fondo do mar para asegurar unha embarcación.

    2. Aparato de ferro que se aferra a algún accidente do terreo e retén o aeróstato.

    3. Peza de ferro que ata un tirante ou trabe co muro.

    4. Símbolo da esperanza, na iconografía paleocristiá.

    5. Peza en forma de áncora de barco que forma parte do mecanismo de escape dos reloxos.

    6. Colocar a áncora máis lonxe do que estaba con relación ao vento, corrente ou marea.

    7. Embarrar a embarcación.

    8. Lanzar a áncora ao mar.

    9. Estar fondeada unha embarcación.

    10. Recoller as áncoras para facerse ao mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Andronoviano.

    2. Cultura prehistórica da Idade de Bronce de Siberia Occidental que toma o seu nome da poboación de Andrónovo e que se estendeu cara ao O dos Urais, entre o segundo milenio e os primeiros séculos do primeiro milenio a C. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión do plano limitada por dúas semirrectas de orixe común. A unidade habitual para medilo é o grao sesaxesimal.

    2. Ángulo menor ca o recto.

    3. Rexión do espazo obtida como intersección de dous semiespazos.

    4. Ángulo que ten o vértice no centro dunha circunferencia e ten como lados dous raios.

    5. Ángulo maior ca o recto.

    6. Ángulo que ten os lados formando unha soa recta.

    7. Ángulo sólido formado pola intersección de tres ou máis semiespazos determinados por planos que teñen un punto común.

    8. Ángulo que ten os lados perpendiculares.

    9. Dous ángulos contidos no mesmo plano que teñen o mesmo vértice e situados aos dous lados dunha semirrecta que lles fai de costado común.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO