"BUN" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 431.

    1. Relativo ou pertencente aos ammonítidos.

    2. Individuo da familia dos ammonítidos.

    3. Familia de moluscos cefalópodos fósiles que abundaron durante os períodos Devónico, Xurásico e Cretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Afección profunda por unha persoa.

      2. Adhesión intensa e desinteresada a unha cousa, a uns principios ou a mandatos semellantes.

    1. Obxecto de amor, persoa estimada.

    2. Inclinación ou afección profunda por unha persoa baseada na atracción sexual, pero que a miúdo produce outros sentimentos.

    3. Expresión coa que se designa a concepción amorosa dominante na literatura medieval e que arranca coa primeira tradición lírica que se expresa en lingua vulgar, a poesía provenzal.

    4. Amor que exclúe conscientemente a relación sexual.

    5. Estima que ten alguén por si mesmo e o que leva a non deixar que ninguén se exceda con el.

      1. Cortexar ou facer as beiras para obter o amor e os favores dunha persoa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión anatómica dalgúns animais que comprende a parte lateral e posterolateral da zona próxima á extremidade inferior. A anca está constituída por unha estrutura esquelética, unha masa muscular que cobre e move a articulación, xunto co abundante tecido adiposo e subcutáneo, ademais da pel que a cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Intervalo de tempo, segundo a hipótese aparente, comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo mesmo punto da eclíptica, que corresponde, segundo a hipótese real, á duración dunha revolución da Terra arredor do Sol.

      2. Intervalo de tempo que, segundo a hipótese aparente, transcorre entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo perixeo. Equivale a 365,2596 días civís.

      3. Calquera dos intervalos cos que se mide a órbita de translación da Terra por oposición a ano civil.

      4. Unidade usada en astronomía que equivale á lonxitude que percorre a luz nun ano.

      5. Ano solar, en relación coa sucesión das estacións e por oposición a ano civil.

      6. Intervalo de tempo en que o Sol percorre os 360° da eclíptica ou ben o intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo círculo horario dunha mesma estrela. A súa duración é de 365,256 días.

      7. Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas do Sol polo primeiro punto de Aries.

      1. Unidade de medida do tempo, que corresponde aproximadamente ao ano solar ou trópico.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición dun acto xurídico afectado por un vicio ou defecto legal que, aínda que non é suficiente para producir a súa ineficacia ou nulidade absoluta, permite, a petición dunha das partes interesadas, que os tribunais ou a administración declaren a súa ineficacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de apelar.

    2. Recurso xudicial que interpón a parte que non está de acordo coa decisión dun xuíz ou tribunal a fin de que este decida de novo sobre o asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Litigante contrario a aquel que interpón apelación nun proceso.

    2. Resolución obxecto de apelación.

    3. Xuíz ou tribunal que ditou a resolución apelada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acudir a unha persoa ou cousa en caso de necesidade.

    2. Soster unha serie de argumentos onde fundamentar datos para conseguir algo.

    3. Interpoñer unha apelación ante un tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos doce discípulos de Xesús que cita o Novo Testamento, enviados por El a predicar a Boa Nova da súa morte e resurrección.

    2. Persoa que se esforza en propagar unha doutrina.

    3. Letras entregadas, xuntamente co proceso orixinal, ao que apelaba contra unha sentenza, dirixidas a un xuíz ou a un tribunal superior.

    VER O DETALLE DO TERMO