apóstolo

apóstolo

lat apostŏlu gr ἀ πόστολος ‘enviado’

Plural: apóstolos
  1. s m [RELIX ]

    Cada un dos doce discípulos de Xesús que cita o Novo Testamento, enviados por El a predicar a Boa Nova da súa morte e resurrección.

  2. s m

    Persoa que se esforza en propagar unha doutrina.

  3. s m pl [DER ]

    Letras entregadas, xuntamente co proceso orixinal, ao que apelaba contra unha sentenza, dirixidas a un xuíz ou a un tribunal superior.