"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

  • Proceso exposto por Marx, segundo o que a proletarización do traballo comporta o empobrecemento da clase traballadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Norma que se emprega como modelo para a realización de algo.

    2. Liña ou conxunto de liñas horizontais que serven de guía para escribir dereito.

    3. Folla de papel que ten impresas raias negras relativamente grosas, para que se poidan ver por transparencia cando se escribe nun papel posto debaixo.

    4. pentagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das escrofulariáceas, que presenta follas lanceoladas dispostas en verticilos, flores de cor rosácea, cunha parte do labio abolado e de cor amarela, un esporón de gran tamaño e froito en cápsula.

    2. herba dos pitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte terminal das extremidades abdominais do home que comprende o tarso, o metatarso e as dedas.

      2. Parte dunha media ou dun calcetín que cobre o pé, do nocello para abaixo.

      3. Tricofitose do pé, producida polo fungo Candida albicans, que se caracteriza polo arroibamento, vesiculación e fendas entre as dedas.

      4. Deformidade permanente do pé, que o priva de tomar contacto coa terra polos seus puntos normais de apoio.

      5. Deformidade que se caracteriza pola desaparición da ponte do pé, de maneira que se apoia a planta en terra.

      1. Parte terminal de cada unha das patas dun animal.

      2. Pezuño dos ungulados.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pecíolo dun folíolo nas follas compostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta divisións semellantes aos dentes dun peite.

    2. Que está disposto con outros de xeito similar aos dentes dun peite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza ou parte dunha peza, especialmente concibida para ser accionada co pé, que permite gobernar unha máquina, accionar un dispositivo ou un mecanismo, ou imprimir un movemento circular ou alternativo.

    2. Mecanismo disposto nunha vía de ferrocarril que, ao ser accionado polas rodas do primeiro eixe dunha locomotora ou polas do último eixe do vagón de cola, provoca un cambio nos sinais de bloqueo.

      1. Nota que se prolonga durante algún tempo e que non forma parte necesariamente das notas dun acorde.

      2. Mecanismo accionado co pé que forma parte de varios instrumentos musicais e que permite alterar o son ou facilitar a execución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pedaliáceas.

    2. Planta da familia das pedaliáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, da orde das escrofulariais, que presentan pelos secretores de mucilaxe, follas simples opostas, flores cigomorfas, infundibuliformes e con xineceo bicarpelar, e froito en cápsula ou en aquenio, a miúdo apendiculados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ertebrado do grupo dos peixes.

    2. Grupo de cordados, do subtipo dos vertebrados, integrado por animais de sangue frío, respiración primariamente branquial e hábitat acuático. Son animais mandibulados desde o punto de vista da anatomía externa, e caracterízanse pola súa forma de fuso, polo seu recubrimento de escamas (osteíctios) ou dentículos dérmicos (condrictios) e pola presenza dunha serie de aletas.

    3. Peixe condrictio, da familia dos escuatínidos, de cor parda no dorso e abrancazada no ventre, que presenta ollos na parte superior, aletas peitorais, que son carnosas, altas e anchas, e carece de aleta anal.

    4. Peixe condrictio, da familia dos cetorrínidos, que ten 200 fileiras de dentes en cada maxilar e enormes fendeduras branquiais, e que se alimenta por filtración.

    5. Peixe, da familia dos trichiúridos, que presenta o corpo en forma de cinto, aleta dorsal ondulada, de cor prateada e cola pequena.

    6. Peixe, da familia dos xífidos, que se caracteriza pola prolongación do maxilar e do premaxilar da mandíbula superior en forma de espada que pode alcanzar o terzo da lonxitude total do corpo, mentres que a mandíbula inferior é moito máis curta. De costumes peláxicos, só se achega á costa no verán para desovar.

    7. Peixe do xénero Rhinobates, que ten o corpo alongado, cos extremos das aletas peitorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha.

    8. Peixe de pequeno tamaño, da familia dos gobiesócidos, que presenta unha mandíbula con dous ou tres cabeiros ben desenvolvidos e unhas aletas pélvicas con forma de ventosa.

    9. Peixe de gran tamaño, da familia dos mólidos, que presenta forma arredondada, boca pequena con dous dentes picudos, as aletas dorsal e anal moi altas que se xuntan coa caudal, e carecen de vexiga natatoria.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Apéndice filiforme de queratina, que cobre a pel dos mamíferos, protexéndoa e evitando a perda de calor, e que consta dunha raíz adherida ao folículo piloso, e de talo ou corpo de cor variable segundo a cantidade de pigmento que conteña.

      2. Conxunto destes apéndices.

      1. Apéndice filiforme que presentan algúns animais á parte dos mamíferos e certas plantas e froitos.

      2. Tricoma de forma fina e alongada, que ten como función a protección contra a transpiración excesiva ou a secretora contra a insolación.

      3. Glándula epidérmica piliforme, que pode ser sésil ou estar disposta sobre un pedúnculo.

      4. Prolongación filiforme do rizoderma que se atopa na zona pilífera da raíz.

      5. Pelo que produce unha acción irritante na pel dos animais, formado por unha célula globosa, cun longo colo que presenta silicificación que ao romperse expele un líquido, que contén histamina e acetilcolina.

    1. Cantidade moi pequena de algo.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO