pedal

pedal

pedāle ‘do pé’

Plural: pedais
  1. s m

    Peza ou parte dunha peza, especialmente concibida para ser accionada co pé, que permite gobernar unha máquina, accionar un dispositivo ou un mecanismo, ou imprimir un movemento circular ou alternativo.

  2. s m [TRANSP ]

    Mecanismo disposto nunha vía de ferrocarril que, ao ser accionado polas rodas do primeiro eixe dunha locomotora ou polas do último eixe do vagón de cola, provoca un cambio nos sinais de bloqueo.

  3. s m
    1. Nota que se prolonga durante algún tempo e que non forma parte necesariamente das notas dun acorde.

    2. Mecanismo accionado co pé que forma parte de varios instrumentos musicais e que permite alterar o son ou facilitar a execución.