pauta

pauta

lat pacta

Plural: pautas
  1. s f

    Norma que se emprega como modelo para a realización de algo.

  2. s f

    Liña ou conxunto de liñas horizontais que serven de guía para escribir dereito.

  3. s f

    Folla de papel que ten impresas raias negras relativamente grosas, para que se poidan ver por transparencia cando se escribe nun papel posto debaixo.

  4. s f [MÚS ]

    pentagrama.

Sinónimos

Citas

  • Mercou un caderno con pautas
  • Seguiu as pautas de alimentación que lle recomendou o médico
  • Utilizou unha pauta para escribir o traballo