"Amín" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 261.

    1. Unha das sete cores do espectro solar. As lonxitudes de onda da luz laranxa compréndese entre 5.970 Å e 6.220 Å.

    2. Froito comestible da laranxeira que ten forma redondeada, ovalada ou periforme, tamaño variable e está dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce e ten un elevado contido vitamínico e de diversos sales minerais. Tamén contén aminoácidos e pectinas.

    3. Cor entre amarela e vermella. Tm adx.

      1. Materia colorante laranxa.

      2. Colorante básico do grupo da acridina que se obtén pola condensación do p-aminobenzaldehido con N 4 -feniltolueno-2,4-diamina, seguida dunha oxidación. Emprégase como colorante de seda e de peles.

      3. Colorante acridínico básico de cor laranxa brillante. Emprégase na industria téxtil, para a estampación de fibras como o algodón, seda e la e para facer lacas ou tinguir pel.

      4. heliantina.

    4. Fungo ascomiceto, da orde das pecizais, que presenta o carpóforo en forma de copa, sésil, de cor branca exteriormente e co interior de cor laranxa, coa marxe lobada e co himenio no interior da copa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Líquido segregado polas glándulas mamarias das femias dos mamíferos, despois do parto, para alimentar ao neonato. É un líquido opalino, branco ou un pouco amarelo, de olor característico, lixeiramente doce e cunha composición variable. Os principais elementos minerais que contén son calcio, potasio, fósforo e cloruros, pero é deficitaria en ferro. O contido de vitaminas é moi completo, pero perde facilmente a vitamina C.

      1. Substancia alimenticia líquida que ten unha cor e unhas propiedades que lembran ás do leite, que se emprega como bebida.

      2. Bebida que se obtén triturando améndoas en auga e azucre.

      3. Líquido doce e refrescante que se extrae da parte central dos cocos.

      4. Emulsión obtida da soia remollada e rebrandecida, moi nutritiva que pode substituír ao leite de vaca.

      5. Emulsión que resulta de picar e expremer sementes vexetais e auga.

      1. Líquidos de aspecto semellante ao do leite.

      2. Látex que se extrae das plantas.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de lento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento óptico que consiste nunha lente converxente que se interpón entre os obxectos próximos e o ollo para velos aumentados. O aumento da lupa depende das posicións relativas do obxecto, da lente e do ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que é malo moralmente.

    2. Acción ou cousa mala e daniña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é ou está na metade dun todo.

    2. Que está entre dous extremos e responde ás características da maioría.

    3. Que se obtén tras facer a media aritmética.

    4. Aplícase á vogal que ten o grao de abertura entre o das vogais pechadas e o das abertas.

    5. Aplícase ao son que ten o punto de articulación entre a parte posterior e a anterior da cavidade bucal.

    6. Aplícase ao individuo que ten o índice facial superior entre 48 e 52,9, polo que a súa cara é media.

    7. Punto que equidista de dous ou máis.

    8. Punto que se sitúa, aproximadamente, á mesma distancia do seu inicio ca da súa fin.

    9. Conxunto de condicións ambientais onde está un obxecto ou vive un organismo ou unha comunidade de organismos. Fai referencia aos aspectos externo e interno das condicións ambientais e comprende os elementos físicos e naturais, xunto aos humanos e culturais.

    10. Circunstancias que rodean a vida dunha persoa ou unha acción.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentimento de inquietude que se ten ante a presenza dun perigo real ou imaxinario.

    2. Temor que se ten a que algo poida suceder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina incolora que cristaliza no sistema monoclínico e que se emprega principalmente na obtención das resinas amínicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona amínica, inhibidora de certas funcións endocrinas, que se sintetiza a partir da serotonina que é segregada pola glándula pineal dos vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO