laranxa

laranxa

ár naranjâ persa narang ‘laranxa’

Nome científico: Aleuria aurantia Plural: laranxas
  1. s m [FÍS ]

    Unha das sete cores do espectro solar. As lonxitudes de onda da luz laranxa compréndese entre 5.970 Å e 6.220 Å.

  2. s f [BOT ]

    Froito comestible da laranxeira que ten forma redondeada, ovalada ou periforme, tamaño variable e está dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce e ten un elevado contido vitamínico e de diversos sales minerais. Tamén contén aminoácidos e pectinas.

  3. s m

    Cor entre amarela e vermella. Tm adx.

  4. s m
    1. s m

      Materia colorante laranxa.

    2. laranxa básico

      Colorante básico do grupo da acridina que se obtén pola condensación do p-aminobenzaldehido con N 4 -feniltolueno-2,4-diamina, seguida dunha oxidación. Emprégase como colorante de seda e de peles.

    3. laranxa de acridina

      Colorante acridínico básico de cor laranxa brillante. Emprégase na industria téxtil, para a estampación de fibras como o algodón, seda e la e para facer lacas ou tinguir pel.

    4. laranxa de metilo

      heliantina.

  5. Fungo ascomiceto, da orde das pecizais, que presenta o carpóforo en forma de copa, sésil, de cor branca exteriormente e co interior de cor laranxa, coa marxe lobada e co himenio no interior da copa.

Refráns

  • O que come a laranxa que probe a denteira.