medio -dia

medio -dia

lat medĭu

Plural: medios Masculino: medio Masculino plural: medios Feminino: media Feminino plural: medias
  1. adx

    Que é ou está na metade dun todo.

  2. adx

    Que está entre dous extremos e responde ás características da maioría.

  3. adx [MAT ]

    Que se obtén tras facer a media aritmética.

  4. adx [LING ]

    Aplícase á vogal que ten o grao de abertura entre o das vogais pechadas e o das abertas.

  5. adx [LING ]

    Aplícase ao son que ten o punto de articulación entre a parte posterior e a anterior da cavidade bucal.

  6. adx [ANTROP/FISIO ]

    Aplícase ao individuo que ten o índice facial superior entre 48 e 52,9, polo que a súa cara é media.

  7. s m

    Punto que equidista de dous ou máis.

  8. s m

    Punto que se sitúa, aproximadamente, á mesma distancia do seu inicio ca da súa fin.

  9. s m [XEOG ]

    Conxunto de condicións ambientais onde está un obxecto ou vive un organismo ou unha comunidade de organismos. Fai referencia aos aspectos externo e interno das condicións ambientais e comprende os elementos físicos e naturais, xunto aos humanos e culturais.

  10. s m

    Circunstancias que rodean a vida dunha persoa ou unha acción.

  11. s m

    Aquilo que serve para conseguir un fin.

  12. s m pl

    Recursos económicos.

  13. s m pl

    Grupo de persoas que comparten certas caraterísticas.

  14. adv

    Non de todo, un pouco.

  15. medio de contraste [MED ]

    substancia de contraste.

  16. medio de cultivo [MICROB ]

    Substrato que se emprega para facer crecer e multiplicar organismos vivos, especialmente microorganismos.

  17. medio interestelar [ASTRON/FÍS ]

    materia interestelar.

  18. medio interno [FISIOL ]

    Conxunto de líquidos extracelulares que envolven as células dun organismo sen comunicación co exterior.

  19. medio interplanetario [ASTRON ]

    Parte do sistema solar que se sitúa entre os planetas.

  20. medio natural [ECOL ]

    Conxunto de condicións ambientais que constitúen o marco no que se desenvolve a existencia dun ser vivo ou dunha comunidade e que comprenden os factores que inflúen no desenvolvemento dun organismo, salvando o factor xenético.

  21. medio selectivo [MICROB ]

    Medio que permite separar especies ou estirpes bacterianas mediante técnicas de illamento directo ou de cultivo de enriquecemento.

Sinónimos

Citas

  • A túa nota media non chega a notable
  • Comeu media barra de pan
  • Comprou un coche de tipo medio
  • Considérase un español medio
  • Cortou a tea polo medio, Chegou no medio da noite pedindo axuda
  • É medio rubia
  • Medio mundo morre de fame
  • O aire é o medio en que vivimos
  • Obtivo o punto medio dun segmento, A profundidade máis grande atópase no curso medio do río
  • Os medios cos que conta non son suficientes
  • Procede de medios aristocráticos
  • Saudounos cun medio sorriso
  • ¿Que medios empregou para conseguilo?

Frases feitas

  • No medio/Polo medio e medio 1 Na metade ou pola metade.

  • 2 Que est

  • Por medio de. A trav

Refráns

  • A galiña na casa rica sempre pica.
  • Agulla e fío é medio vestido.
  • As teña eu para voar, que o cibo non ha faltar.
  • Cada me niño ao nacer trae un pan baixo do brazo.
  • Cada pobre enterra o seu pai como pode.
  • Cada un estende a manta seguendo é a cama.
  • Con bo pano e bo xastre faise un bo traxe.
  • Con nada non se fai nada.
  • Dá Deus ás á formiga para morrer máis axiña.
  • Dá Deus de comer a quen non ten dentes.
  • Dá Deus fabas ao que non ten queixadas.
  • Dá Deus mocos ao que non se sona.
  • Dá Deus panos ao que non ten narices.
  • Dá Deus que roer ao que lle faltan moas e dentes.
  • Dá Deus talladas ao que non ten dentamia.
  • Dáme quilla" e dareiche millas.
  • Enriba dun ovo pon unha galiña.
  • Fun á casa do meu veciño e avergonceime, vin á miña e goberneime.
  • Haxa carne para comer, que fame non ha de faltar.
  • Mal camiño non vai a bo lugar.
  • Mal vai a barca sen remos cando o mar non está quedo.
  • No tear déixemo Deus poñer, que, inda que sexa o diaño, hao tecer.
  • O mellor danzante tópase ás veces sen castañolas.
  • O que non pode, cos dentes acode.
  • O que ten boca, sopra.
  • O que teña ás para voar, logo atopará un pombal.
  • Onde hai cepos logo se fan achas.
  • Palleiro sen palla non se pode facer.
  • Pedra sen auga non aguza na frágoa.
  • Polo rabo da culler vai o gato á ola.
  • Por bo camiño vaise a mal lugar.
  • Por mal camiño vaise a bo lugar.
  • Por todas partes se vai á miña casa.
  • Por todas partes vaise a Roma.
  • Se Deus me pon onde o hai, xa arranxarei eu o demais.
  • Se queres ter ovos, mantén a galiña.
  • Tendo liilgua e que comer, o home vai a onde quer.
  • Tendo lingua e que comer vai o home a onde quer.
  • Tres cousas pediría, se Deus mas dese: a tea, o tear e a que tece.
  • Vai a carto a vaca, pero o que non ten un carto non a cata.
  • Vive como poi das e non como queiras.
  • ¡Benia os meus bens que remedian os meus males!
  • ¡Deus dea que comer, que as ganas elas virán!
  • ¿Por que non casas, Xan? -Porque vai moi caro o pan.

Palabras veciñas

medimno medina medinés -sa medio -dia medio- mediocampista mediocre