"Conti" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 779.

    1. Acción e efecto de coñecer ou coñecerse.

    2. Facultade que ten unha persoa de percibir e de relacionarse co mundo que o rodea.

    3. Todo aquilo que se coñece sobre un saber, ciencia ou materia.

      1. Función e acto da vida psíquica que se caracteriza polo seu carácter representativo e, no caso do coñecemento humano, obxectivo. Fálase de coñecemento sensitivo ou sensible e intelectivo ou intelectual, propiamente humano.

      2. Función e acto intelectuais, mediante os que o suxeito aprehende o obxecto ou o establece como tal, ao recoñecelo como unha realidade en si.

      3. epistemoloxía.

    4. Exame xudicial das actuacións.

      1. Documento que o capitán dunha nave asina e remite ao armador, polo que recoñece as mercadorías cargadas e as condicións do transporte.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina eléctrica rotativa que permite converter corrente alterna en corrente continua ou á inversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de constituír ou constituírse.

      1. Maneira en que algo está constituído.

      2. Maneira en que está formado o corpo dun ser vivo, especialmente do ser humano, dependente do desenvolvemento e funcionamento dos seus órganos.

      3. Conxunto de características morfolóxicas, fisiolóxicas e psicolóxicas dun individuo, que permiten determinar o tipo en que se inclúe.

    2. Norma fundamental dun Estado que establece e garante os dereitos e deberes dos cidadáns, e regula a organización do sistema de poderes do Estado.

    3. Conxunto de normas xurídicas que incluían os decretos, edictos e disposicións de contido xeral, os rescritos sobre cuestións e consultas particulares, e os mandatos como instrucións aos funcionarios imperiais.

      1. Disposición conciliar ou papal sobre cuestións ou costumes de fe.

      2. Disposición diocesana promulgada polo bispo nun sínodo ou con asentimento do capitolio catedralicio con valor de lei canónica, que non pode ser reformada nin derrogada se non é por un novo decreto episcopal, doado in plena synodo.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema político en que se regula o goberno por medio de normas estables, escritas e contidas nunha constitución. Ligado á corrente liberal, ten no parlamentarismo a súa forma máis adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de tocar fisicamente unha persoa ou unha cousa a outra.

    2. Relación social de dúas ou máis persoas.

    3. Persoa que fai de intermediaria para obter algunha cousa.

    4. Instante en que o punto luminoso dun astro que se eclipsa entra ou sae do cono de sombra do corpo que eclipsa.

      1. Condición de dous corpos condutores que se tocan co fin de establecer o paso de corrente eléctrica dun a outro.

      2. Peza condutora destinada a establecer un contacto con outra semellante para producir o peche ou a abertura dun circuíto eléctrico.

    5. Superficie plana que separa dúas masas contiguas de rocha.

    6. Copia das mesmas dimensións ca o negativo que se realiza ao poñer en contacto, durante a exposición, o papel co negativo orixinal.

    7. Peza metálica disposta a modo de traveseiro, colocada entre os carrís e conectada cos sinais dunha instalación de bloqueo que, ao pasar unha locomotora, acciona un dispositivo sonoro desta cando a vía está ocupada.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter incluída unha cousa dentro de si outra cousa.

    2. Impedir a aparición, o desenvolvemento ou o avance de algo.

    3. Reprimir os propios sentimentos, especialmente a cólera ou o entusiasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de ideas ou de feitos contidos nun escrito ou discurso que permiten determinar o sentido ou o valor dun fragmento, dunha frase ou dunha palabra que alí aparece.

      2. Conxunto de sons que rodean un fonema.

      1. Conxunto de circunstancias que rodean e explican un acontecemento, unha situación, ou calquera outro feito.

      2. Condicións espazo-temporais que inflúen, segundo a teoría de Gestalt, na percepción de calquera obxecto ou estrutura.

      3. Conxunto de institucións, códigos estéticos, correntes artísticas, normas estilísticas, así como o sistema conceptual formado por costumes e tradicións, que condicionan a existencia de determinados produtos, á vez que explican o seu significado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de algo.

    2. Cantidade á que ascende o importe total que se reclama nunha demanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. conter.

    2. Que se contén ou que tende a conterse.

    3. Aquilo que está dentro doutra cousa.

    4. Materia ou argumento dun discurso, dunha obra ou doutra composición.

    5. Conxunto formalizable de elementos que compoñen unha determinada unidade lingüística.

    6. Termo empregado pola crítica literaria tradicional para referirse ao significado, argumento ou tema da obra literaria.

    7. Acumulación de datos cualitativos que axudan a desenvolver o currículo.

    8. Cantidade de información que comunica unha hipótese ou teoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma tónica ligada de segunda persoa de singular, que ten función de complemento.

    VER O DETALLE DO TERMO