contido -da

contido -da

conter

Plural: contidos Masculino: contido Masculino plural: contidos Feminino: contida Feminino plural: contidas
  1. p reg

    conter.

  2. adx

    Que se contén ou que tende a conterse.

  3. s m

    Aquilo que está dentro doutra cousa.

  4. s m fig

    Materia ou argumento dun discurso, dunha obra ou doutra composición.

  5. s m [LING ]

    Conxunto formalizable de elementos que compoñen unha determinada unidade lingüística.

  6. s m [LIT ]

    Termo empregado pola crítica literaria tradicional para referirse ao significado, argumento ou tema da obra literaria.

  7. s m [PEDAG ]

    Acumulación de datos cualitativos que axudan a desenvolver o currículo.

  8. s m [FILOS ]

    Cantidade de información que comunica unha hipótese ou teoría.

Citas

  • Esa furia contida farate sufrir toda a vida
  • Eu como, Yo como, I eat, Je mange, Io mangio), N, Trubeckoj utilizou o termo contido para referirse ao conxunto de trazos pertinentes que conforman todas as realizacións normais dun fonema, Así, en galego, se o fonema /p/ se opón ao /b/ polo trazo de ausencia da sonoridade, ao /f/ polo de oclusividade e ao /t/ pola labialidade, o contido do fonema /p/ componse dos seguintes trazos: xordo, oclusivo e labial
  • O contido do bote debe estar en estado líquido para que se poida tomar
  • O contido do filme é o máis destacable, xa que a forma non é moi innovadora