contexto
contexto
lat contextu ‘conexión’
-
-
s
Conxunto de ideas ou de feitos contidos nun escrito ou discurso que permiten determinar o sentido ou o valor dun fragmento, dunha frase ou dunha palabra que alí aparece.
-
contexto fonético
[LING ]
Conxunto de sons que rodean un fonema.
-
s
-
-
s
Conxunto de circunstancias que rodean e explican un acontecemento, unha situación, ou calquera outro feito.
-
s
[PEDAG ]
Condicións espazo-temporais que inflúen, segundo a teoría de Gestalt, na percepción de calquera obxecto ou estrutura.
-
contexto cultural
[ARTE ]
Conxunto de institucións, códigos estéticos, correntes artísticas, normas estilísticas, así como o sistema conceptual formado por costumes e tradicións, que condicionan a existencia de determinados produtos, á vez que explican o seu significado.
-
s
Citas
- O contexto social foi determinante para explicar o seu comportamento
- Polo contexto é moi doado saber o significado desa palabra