"MIT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2230.

    1. Acción e efecto de prender.

    2. Lugar onde se está preso.

      1. Pena de privación de liberdade por un tempo determinado.

      2. Prisión en que cada preso está cerrado nunha cela ou apartamento separado.

      3. Privación de liberdade do procesado durante a tramitación da causa.

    3. Aquilo que impide ou dificulta o movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poliedro que ten dúas caras iguais e paralelas (bases), sendo as outras caras (caras laterais) paralelogramos.

    2. Forma cristalográfica que está constituída por unha serie de caras que se cortan paralelamente nunha soa dirección e están agrupadas ao seu redor.

    3. Sistema óptico constituído por dous dioptros planos que delimitan un medio transparente que forman un ángulo non nulo, denominado ángulo do prisma, que desvía, descompón e reflicte os raios luminosos.

    4. Superposición de láminas amoreadas fronte a unha placa disposta nunha zona de subdución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. antaxe exclusiva ou excepcional, exención dunha obriga, da que se goza por concesión dun superior ou por unha circunstancia propia.

    2. Disposición emanada do poder lexislativo, en virtude da que se outorga a unha persoa ou a unha categoría de persoas un dereito especial ou un trato de favor, distinto do que dá a lei común.

    3. Documento en que consta a concesión a perpetuidade dun privilexio.

    4. Privilexio outorgado a unha persoa, non susceptible de ser herdado.

    5. Privilexio unido á posesión dunha cousa ou dun cargo, e que pode ser transmitido e herdado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de probable.

    2. Cousa probable.

    3. Concepto que permite expresar cuantitativamente o carácter aleatorio dun suceso ou fenómeno que se cre que pode suceder.

    4. Cantidade que ofrece a probabilidade de detectar unha partícula descrita pola función dunha onda ψ(x,t) no punto x no instante t.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xeito de proceder ou obrar para conseguir un resultado.

      1. Conxunto de regras que determinan a actuación por trámites xudiciais ou administrativos para a consecución dun fin.

      2. Concatenación lóxica dos actos efectuados nun proceso, ben polas partes, ben polo tribunal.

      3. Conxunto de actos ou trámites a través dos que se produce a vontade administrativa para o cumprimento dun fin de interese público.

      4. Recurso seguido ante a xurisdición contencioso-administrativa sobre as pretensións presentadas con relación aos actos da administración pública suxeitos ao dereito administrativo e ás disposicións de categoría inferior á de lei.

      5. Obrigación que teñen os xuíces de tomar a iniciativa nalgúns asuntos civís ou criminais.

      6. Procedemento para a tramitación e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, inspección e recadación tributaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Larva dalgunhas das bolboretas da familia dos notodóntidos, que se despraza xunto con outras en longas ringleiras, emitindo un fío de seda que serve de guía ás outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de producir.

    2. Cousa ou conxunto de cousas producidas.

      1. Biomasa que produce un organismo, unha poboación ou unha comunidade.

      2. Proceso que realizan os vexetais mediante a fotosíntese, onde obteñen compostos orgánicos a partir de dióxido de carbono e auga.

      3. Proceso que ocorre cando os organismos animais empregan os vexetais como alimento e transforman unha pequena parte en substancia animal.

      1. Conxunto de actividades para obter bens que satisfagan as necesidades humanas.

      2. Configuración dun marco analítico que permite explicar e prever o comportamento das unidades económicas produtivas.

    3. Fenómeno que se produce ao interaccionar un feixe de raios γ coa materia, que consiste na creación dun electrón e un positrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira fase da mitose e da meiose, en que os cromosomas se fan visibles no núcleo da célula. Consta de cinco estadios: leptoteno, cigoteno, paquiteno, diploteno e diacinese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade e obra dos profetas, sobre todo hebreos, aínda que non está limitado a ningún ambiente histórico exclusivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de profundo.

    2. Parte fonda de algo.

    3. Distancia que hai desde un punto ou unha superficie ata o extremo oposto.

    4. Distancia que hai entre a parte anterior e posterior de algo.

    5. Distancia que define os límites dunha rexión do espazo tal que todos os obxectos que estean situados nela poidan ser enfocados simultaneamente por un aparato fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO