produción
produción
lat productĭōne
-
s
f
Acción de producir.
-
s
f
Cousa ou conxunto de cousas producidas.
-
-
s
Biomasa que produce un organismo, unha poboación ou unha comunidade.
-
produción primaria
Proceso que realizan os vexetais mediante a fotosíntese, onde obteñen compostos orgánicos a partir de dióxido de carbono e auga.
-
produción secundaria
Proceso que ocorre cando os organismos animais empregan os vexetais como alimento e transforman unha pequena parte en substancia animal.
-
s
-
-
s
Conxunto de actividades para obter bens que satisfagan as necesidades humanas.
-
teoría da produción
Configuración dun marco analítico que permite explicar e prever o comportamento das unidades económicas produtivas.
-
s
-
produción de pares
[FÍS ]
Fenómeno que se produce ao interaccionar un feixe de raios γ coa materia, que consiste na creación dun electrón e un positrón.