prisma
prisma
lat prisma gr πρ ῐ σμα
-
s
m
[MAT ]
Poliedro que ten dúas caras iguais e paralelas (bases), sendo as outras caras (caras laterais) paralelogramos.
-
s
m
[XEOL ]
Forma cristalográfica que está constituída por unha serie de caras que se cortan paralelamente nunha soa dirección e están agrupadas ao seu redor.
-
s
m
[FÍS/IMAX ]
Sistema óptico constituído por dous dioptros planos que delimitan un medio transparente que forman un ángulo non nulo, denominado ángulo do prisma, que desvía, descompón e reflicte os raios luminosos.
-
prisma de acreción
[XEOL ]
Superposición de láminas amoreadas fronte a unha placa disposta nunha zona de subdución.