"Ende" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2813.

    1. Relativo ou pertencente á anabasia.

    2. Aplícase ao vento ascendente producido pola convección do aire quentado por contacto coa terra caldeada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Árbore, da familia das anacardiáceas, de follas alternas, simples e coriáceas, e de flores irregulares, propia de América Central e cultivada nos países cálidos polo seu froito (anacardio), e pola súa madeira.

      2. Pedúnculo carnoso e piriforme do froito do anacardio, zumarento, agridoce, recendente e comestible.

      1. Exsudado da casca do anacardo, que ten diversas aplicacións, como tintas, insecticidas, produtos farmacéuticos, vernices ou encadernacións.

      2. Líquido que se obtén da pel do froito do anacardo cuxos principais compoñentes son o ácido anacárdico (90%), un difenol e un produto vesicante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao curso de auga ou dun val que ten unha pendente con sentido oposto á inclinación dos estratos do terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anagoxía.

    2. Tendencia construtiva que impulsa cara a aquilo que é excelso e ideal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ano.

    2. Que está situado preto do ano.

    3. Segundo estadio da evolución da libido , segundo Freud e os psicanalistas, que comprende desde os dous ata os tres anos de vida dos nenos e nenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non sabe escribir ou ler dun xeito comprensivo ou que non entende explicacións referentes á vida cotiá. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á análise.

      1. Que se basea na análise.

      2. Conxunto de tendencias filosóficas heteroxéneas que coinciden en rexeitar o idealismo e a metafísica para interesarse pola lóxica e pola análise como un método para o estudo da linguaxe.

      3. Xuízo en que o predicado está contido no concepto-suxeito, polo que non aumentan o coñecemento e son exclusivamente aclaratorios.

    2. Linguas do dominio indoeuropeo que foron perdendo a flexión das palabras e empregaron palabras auxiliares para expresar as relacións sintácticas.

    3. Método pedagóxico que se basea na análise global dos obxectos antes de proceder á reconstrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.

    2. Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.

    3. Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.

    4. Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.

    5. Correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.

    6. Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.

    7. Proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.

    8. Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica coa que se pretende restablecer unha parte mutilada do corpo ou realizar algunha modificación nel.

    VER O DETALLE DO TERMO