"Rode" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 231.

    1. Anfibio urodelo, da familia dos salamándridos, de pequeno tamaño, corpo alongado con extremidades pequenas e cola aplanada lateralmente. Aliméntanse de pequenos artrópodos, anélidos ou lesmas.

    2. Urodelo, da familia dos salamándridos, coa cola aplanada lateralmente e de igual tamaño que o resto do corpo. A cor do dorso é parda amarelenta, olivácea ou marrón, e o ventre é laranxa e con manchas escuras irregularmente repartidas.

    3. Urodelo, da familia dos salamándridos, que presenta unha banda escura desde o orificio nasal ata o ollo, que pode prolongarse,  e a cola aplanada lateralmente e de lonxitude similar á do corpo. Ten dorso de cor parda amarelenta, olivácea ou marrón, con ou sen manchas escuras, e o ventre amarelo, máis claro nos costados.

    4. Urodelo de tamaño mediano, da familia dos salamándridos que presenta unha prega moi patente entre a cabeza e o corpo, o dorso verde intenso, sobre o que aparecen manchas de tamaño variable e o  ventre presenta un fondo claro con pequenas manchas escuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Leucocito de núcleo único, que ocupa case a totalidade da célula, rodeado dun citoplasma basófilo, e que desempeña un papel fundamental na resposta inmunitaria ao ser o responsable da produción dos anticorpos. Están presentes no sangue, na linfa e nos tecidos linfáticos.

    2. Linfocito de vida media curta, días ou semanas, responsable da inmunidade humoral e da produción de anticorpos.

    3. Linfocito de vida media longa, meses ou anos, que é o responsable da inmunidade celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea do xénero Iris, que presentan un rizoma moi desenvolvido, follas alongadas, flores co perianto con seis divisións e de froitos capsulares.

      2. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un bulbo ovoide, talo oco e folioso, follas lineares e flores pedunculadas de cor azul-violáceo.

      3. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con bulbo engrosado, talo erecto, follas opostas, grosas e que nacen da parte inferior, flores azul-violáceas, aromáticas e pedunculadas que están situadas no extremo do talo e o froito oval, dehiscente e de tipo capsular.

      4. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un rizoma reptante e longo, follas basais glaucas, flores pediceladas e froito capsular. É velenoso para o gando, pero en medicina o rizoma pode utilizarse como purgante.

      5. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con talo comprimido e follas basais que emiten un olor fedorento, flores pedunculadas de cor azul-grisáceas ou amarelas e froito capsular, oblongo e con sementes vermellas. É velenoso para o gando.

      1. Planta semellante ao lirio.

      2. Planta herbácea, bulbosa, perenne, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas e de flores grosas, brancas e olorosas.

      3. Planta herbácea, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas en verticilos e flores con tépalos violáceos ou vermellos.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte terminal do brazo, que comprende os ósos carpo, metacarpo e os cinco dedos.

      2. Extremidade anterior en animais cuadrúpedes.

      3. Extremidade posterior dos mamíferos cun dedo máis groso, que se atopa oposto aos outros dedos.

      4. Extremo prensil da trompa dos elefantes.

    1. Conxunto de vinte e cinco follas de papel que forman a vixésima parte dunha resma.

    2. Lado dereito ou esquerdo con respecto de algo ou alguén.

    3. Habilidade ou destreza dunha persoa para facer certas cousas.

    4. Poder, mando ou influencia sobre algo ou alguén.

    5. Intervención ou participación de alguén nalgunha cousa.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Auréola mística en forma de améndoa que rodea a Xesús Cristo e á Virxe na iconografía medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra chantada na terra que sinala os lindes de dúas herdanzas.

      1. Armadura fixa en que encaixa unha ventá ou porta.

      2. Armazón que rodea un cadro, espello ou algo similar, e que serve para reforzalo ou adornalo.

    2. Espazo real ou figurado en que se desenvolve algo.

      1. Unidade ponderal, cun peso real variable segundo o lugar, que se estableceu en Idade Media para substituír a libra como base para a talla das moedas. Equivalía a media libra, 230 g aproximadamente.

      2. Unidade monetaria principal da República Federal da Alemaña (1948-2002).

      3. Unidade monetaria principal de Finlandia ata 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, do xénero Bellis e Argyranthemum, da familia das asteráceas, que presentan follas basais espatuladas, alternas e opostas, inflorescencias en capítulo coas lígulas brancas, e froito en aquenio sen vilano.

    2. Inflorescencia, en capítulo, das plantas herbáceas da familia das asteráceas, que está formado por pequenas flores pentámeras, denominadas flósculos, dispostas sobre un receptáculo, liguladas e rodeada de brácteas verdes que conforman un invólucro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amplificador de microondas baseado na emisión estimulada de radiación que se emprega en astronomía na detección de sinais moi febles.

      1. Máser natural que emite radiacións moleculares que proceden da capa que rodea as estrelas de idade avanzada ou do gas que rodea as estrelas en formación.

      2. Máser natural que se localiza nas nebulosas de materia interestelar asociado con estrelas moi novas ou que se atopan en proceso de formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é ou está na metade dun todo.

    2. Que está entre dous extremos e responde ás características da maioría.

    3. Que se obtén tras facer a media aritmética.

    4. Aplícase á vogal que ten o grao de abertura entre o das vogais pechadas e o das abertas.

    5. Aplícase ao son que ten o punto de articulación entre a parte posterior e a anterior da cavidade bucal.

    6. Aplícase ao individuo que ten o índice facial superior entre 48 e 52,9, polo que a súa cara é media.

    7. Punto que equidista de dous ou máis.

    8. Punto que se sitúa, aproximadamente, á mesma distancia do seu inicio ca da súa fin.

    9. Conxunto de condicións ambientais onde está un obxecto ou vive un organismo ou unha comunidade de organismos. Fai referencia aos aspectos externo e interno das condicións ambientais e comprende os elementos físicos e naturais, xunto aos humanos e culturais.

    10. Circunstancias que rodean a vida dunha persoa ou unha acción.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo de rocha cartografable que está composto por fragmentos de rochas de todas as medidas, autóctonas e exóticas, rodeadas dunha matriz de gran fino, normalmente pelítica.

    VER O DETALLE DO TERMO