linfocito

linfocito

linfo- + -cito

Plural: linfocitos
  1. s m [BIOL ]

    Leucocito de núcleo único, que ocupa case a totalidade da célula, rodeado dun citoplasma basófilo, e que desempeña un papel fundamental na resposta inmunitaria ao ser o responsable da produción dos anticorpos. Están presentes no sangue, na linfa e nos tecidos linfáticos.

  2. linfocito B

    Linfocito de vida media curta, días ou semanas, responsable da inmunidade humoral e da produción de anticorpos.

  3. linfocito T

    Linfocito de vida media longa, meses ou anos, que é o responsable da inmunidade celular.