marco

marco

xerm Mark

Plural: marcos
  1. s m

    Pedra chantada na terra que sinala os lindes de dúas herdanzas.

  2. s m
    1. Armadura fixa en que encaixa unha ventá ou porta.

    2. Armazón que rodea un cadro, espello ou algo similar, e que serve para reforzalo ou adornalo.

  3. s m

    Espazo real ou figurado en que se desenvolve algo.

    1. s

      Unidade ponderal, cun peso real variable segundo o lugar, que se estableceu en Idade Media para substituír a libra como base para a talla das moedas. Equivalía a media libra, 230 g aproximadamente.

    2. marco alemán

      Unidade monetaria principal da República Federal da Alemaña (1948-2002).

    3. marco finlandés

      Unidade monetaria principal de Finlandia ata 2002.

Sinónimos

Citas

  • A voda celebrouse nun marco incomparable, As accións dos políticos deben responder ao marco legal vixente
  • Arrancaron a porta do seu marco
  • Buscaron os marcos da toxeira antes de rozar, O coche avarióuselle preto do marco que sinalaba os quilómetros
  • Púxolles un marco moi bonito ás túas pinturas