"OAS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1862.

  • Punto da órbita dun astro secundario ou dun satélite artificial no que este se atopa á maior distancia do principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer pontóns a unha cousa, especialmente entre as vigas dunha construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos apóstolos, de acordo coas súas doutrinas e coa súa tradición.

    2. Relativo ou pertencente ao papa.

    3. Aplícase aos seguidores dalgunhas seitas e congregacións que pretendían imitar a vida dos Apóstolos. Tm s.

    4. Partido que se formou en España tras o levantamento liberal de 1820.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amarrar a embarcación coa poutada.

    2. Asir fortemente coas dúas mans.

    3. Golpear ou ferir coa pouta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta perenne, da familia das raflesiáceas, que se caracteriza por ter flores unisexuais e tetrámeras, dispostas nunha espiga e cubertas cada unha delas por dúas brácteas da mesma cor ca as follas. Distribúese pola Europa mediterránea coincidindo coas carpazas ás que parasita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atrapar algo ou a alguén que se persegue.

    2. Coller algo un animal coas garras ou coas poutas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dirixir un navío cara a un lugar.

    2. olver un barco a proa cara o vento ou a marea, estando fondeado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de apropiar ou apropiarse.

      1. Acto polo que unha persoa fai súa unha cousa, incorporándoa ao seu patrimonio coa intención de dispoñer dela en concepto de propiedade definitiva.

      2. Delito contra a propiedade consistente en apropiarse de calquera cousa moble recibida en depósito, comisión, administración ou por outro título que obrigue á súa entrega ou devolución.

    2. Proceso polo que o lector fai propio o que en principio lle era alleo, actualizando deste xeito o significado do texto en cuestión.

    3. Procedemento teolóxico polo que unha virtude ou calidade común ás tres persoas da Trindade se atribúe preferentemente a unha delas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aproveitar ou aproveitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apoastro ou periastro dunha órbita, como por exemplo, cada un dos extremos do eixe maior da órbita elíptica que un planeta describe ao xirar arredor do Sol.

    2. Liña que une o apoastro e o periastro dunha órbita. No caso dun planeta que xira arredor do Sol, é o eixe maior da órbita elíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO