apropiación

apropiación

apropiar

Plural: apropiacións
  1. s f

    Acción e efecto de apropiar ou apropiarse.

    1. s

      Acto polo que unha persoa fai súa unha cousa, incorporándoa ao seu patrimonio coa intención de dispoñer dela en concepto de propiedade definitiva.

    2. apropiación indebida

      Delito contra a propiedade consistente en apropiarse de calquera cousa moble recibida en depósito, comisión, administración ou por outro título que obrigue á súa entrega ou devolución.

  2. s f

    Proceso polo que o lector fai propio o que en principio lle era alleo, actualizando deste xeito o significado do texto en cuestión.

  3. s f [RELIX ]

    Procedemento teolóxico polo que unha virtude ou calidade común ás tres persoas da Trindade se atribúe preferentemente a unha delas.