ápside

ápside

lat apsĭde gr ἀ ψίς ‘cúpula’

Plural: ápsides
  1. s m [ASTRON ]

    Apoastro ou periastro dunha órbita, como por exemplo, cada un dos extremos do eixe maior da órbita elíptica que un planeta describe ao xirar arredor do Sol.

  2. liña dos ápsides [ASTRON ]

    Liña que une o apoastro e o periastro dunha órbita. No caso dun planeta que xira arredor do Sol, é o eixe maior da órbita elíptica.