"FERE" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1656.

    1. Que deriva da lingua ou da literatura latina.

    2. Que se falaba na Romania cando xa se diferenciaba claramente do latín. Tm s m, referido a lingua vulgar.

      1. Narración novelesca extensa, en verso ou prosa, das aventuras dun heroe.

      2. Poema escrito en versos con rima normalmente asonante nos pares.

    3. Relación amorosa entre dúas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Romanía, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Romanía.

    3. Lingua románica do grupo oriental falada en Romanía, Moldavia e, en diferentes graos, en todos os países da Península Balcánica. Distínguense catro variedades: o dacorromanés, o macedorromanés, o meglenorromanés e o istrorromanés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rastro que deixa ao seu paso un corpo que se move, preferentemente sobre a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de dar voltas arredor dun eixe.

      2. Movemento dun sólido en que os seus puntos describen circunferencias cos centros aliñados e fixos, contidos nunha recta denominada eixe de rotación.

      3. Movemento dun astro arredor dun eixe, denominado eixe de rotación.

      4. Desprazamento sen deformación dunha figura, de xeito que no seu movemento cada un dos puntos vira co mesmo ángulo e no mesmo sentido arredor dunha recta determinada.

      5. actividade óptica.

    1. Sucesión periódica segundo unha orde determinada.

    2. Transformación xeométrica que constitúe un dos movementos ríxidos do plano ou do espazo e que conserva as distancias e a orientación das figuras sobre as que se aplica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade que teñen moitas cousas de afectar ao órgano do gusto ou aos órganos do gusto e do olfacto.

      1. Sensación percibida polo sentido do gusto.

      2. Sensación producida na boca e percibida principalmente polos sentidos do gusto e do olfacto, pero tamén polos receptores dolorosos, táctiles e térmicos.

    2. Termo empregado para distinguir os diferentes quarks ou leptóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de saír.

    2. Momento en que se sae.

    3. Lugar polo que se sae.

    4. Pensamento agudo, enxeñoso e sorprendente.

    5. Solución a unha situación agobiante.

    6. Posibilidade de venda dalgún produto.

    7. Desprazamento planificado cara a un lugar diferente do de residencia.

    8. Movemento inicial en determinados xogos.

    9. Circuíto por onde se extrae o sinal nun aparato electrónico.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liquidación dunha débeda.

    2. Diferenza nunha conta entre o débito e o crédito ou, se se trata de varias contas, entre o total dos débitos e créditos.

    3. Aquilo que queda sen vender dunha mercadoría e que se vende con rebaixa para esgotalo.

    4. Resultado final despois de valorar os aspectos positivos ou negativos de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou condición de santo.

      1. Atributo aplicado a institucións, cousas ou lugares que se consideran sagrados ou que están en íntima relación con Deus.

      2. Atributo, entre outros, con que se autodefiniu a Igrexa, por ser esposa sen mácula de Cristo.

      3. Tratamento honorífico que se adoita dar ao papa e a algún patriarca oriental.

      4. Perfección propia de Deus, da Virxe e, en graos diferentes, das persoas que reproduciron dalgún xeito a santidade divina.

      5. Práctica dunha vida perfecta en que son criados todos os crentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade inflamatoria crónica, de etioloxía indeterminada, que se caracteriza pola formación de pequenas proliferacións reticulares en diferentes partes do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade contaxiosa da pel, provocada polos ácaros Sarcoptes scabiei e S. hominis, común aos humanos e a diferentes animais, que se caracteriza pola presenza de pequenas vesículas e bostelas que causan un forte proído.

    2. Enfermidade das plantas que se caracteriza por provocar alteracións da casca de certos froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO