santidade

santidade

lat sanctītāte

Plural: santidades
  1. s f

    Calidade ou condición de santo.

  2. s f
    1. Atributo aplicado a institucións, cousas ou lugares que se consideran sagrados ou que están en íntima relación con Deus.

    2. Atributo, entre outros, con que se autodefiniu a Igrexa, por ser esposa sen mácula de Cristo.

    3. Tratamento honorífico que se adoita dar ao papa e a algún patriarca oriental.

    4. Perfección propia de Deus, da Virxe e, en graos diferentes, das persoas que reproduciron dalgún xeito a santidade divina.

    5. Práctica dunha vida perfecta en que son criados todos os crentes.