rotación
rotación
lat rotatiōne
-
-
s
Acción e efecto de dar voltas arredor dun eixe.
-
s
Movemento dun sólido en que os seus puntos describen circunferencias cos centros aliñados e fixos, contidos nunha recta denominada eixe de rotación.
-
s
[ASTRON ]
Movemento dun astro arredor dun eixe, denominado eixe de rotación.
-
s
Desprazamento sen deformación dunha figura, de xeito que no seu movemento cada un dos puntos vira co mesmo ángulo e no mesmo sentido arredor dunha recta determinada.
-
rotación óptica
[FÍS ]
actividade óptica.
-
s
-
Sucesión periódica segundo unha orde determinada.
-
Transformación xeométrica que constitúe un dos movementos ríxidos do plano ou do espazo e que conserva as distancias e a orientación das figuras sobre as que se aplica.