sarna

sarna

lat v *sarna

Plural: sarnas
  1. s f [PAT ]

    Enfermidade contaxiosa da pel, provocada polos ácaros Sarcoptes scabiei e S. hominis, común aos humanos e a diferentes animais, que se caracteriza pola presenza de pequenas vesículas e bostelas que causan un forte proído.

  2. s f [BOT/PAT ]

    Enfermidade das plantas que se caracteriza por provocar alteracións da casca de certos froitos.

Sinónimos

Frases feitas

  • Ser peor ca a sarna. Ser insoportable e moi malo.