"Fort" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 647.

      1. Compartimento dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.

      2. Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.

      1. Recinto ou oco que realiza unha función determinada.

      2. Local provisto de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte.

      3. Espazo oco no interior dos muros que serve de illamento.

      4. Local hermeticamente fechado onde se inxectan gases tóxicos para asfixiar persoas ou animais.

      5. Compartimento de paredes termicamente illadas, mantido a baixa temperatura por medio dunha máquina frigorífica.

      6. Sala na que se vela o corpo dun defunto antes do enterro.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero carnívoro, da familia dos cánidos, de aspecto, forma e pelame moi diversos segundo as razas, domesticado polo home.

      2. Can que ten a rabia.

      3. Can pequeno que non ten pelo no seu corpo.

      4. Can de xenealoxía incerta.

    1. Arte de pesca que consta dun aparello con forma de angazo que, a medida que se arrastra polo fondo do mar, vai apañando diversos tipos de mariscos que quedan depositados nunha rede que leva detrás.

      1. Moeda antiga que, segundo fose de cinco ou dez céntimos, recibía o nome de can pequeno ou can grande, respectivamente.

      2. Moeda de escaso valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crustáceo da orde dos decápodos, caracterizado por rematarlle o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas.

    2. Cangrexo de patas longas e corpo triangular, co dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico.

    3. Cangrexo de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña, que vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías.

    4. Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, que habita en medios mariños.

    5. Cangrexo de corpo estreito e abdome longo, que habita nos ríos.

    6. Cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de cor verde con pintas castañas escuras.

    7. Cangrexo  anomuro, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira.

    8. Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta cuncha de cor vermella intensa e o abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias.

    9. Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero marsupial pertencente á familia dos macropódidos, que presenta as patas anteriores curtas e as posteriores longas e fortes, adaptadas ao salto, que serven de soporte, xunto coa longa e musculada cola. Posúen marsupio, son herbívoros e viven nos prados, estepas e sabanas australianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á antiga rexión de Cantabria, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Cantabria.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo cántabro.

      2. Individuo do pobo cántabro.

      3. Grupo de pobos prerromanos establecidos na costa N da Península Ibérica, na zona montañosa da actual Comunidad Autónoma de Cantabria e na parte oriental de Asturias, que se caracterizaban pola súa forte oposición a Roma, que non conseguiu sometelos totalmente ata o 19 a C, tras as Guerras Cántabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao dente longo e forte dos mamíferos con dentadura heterodonte. Tm s m.

    2. Aplícase a cada un dos dentes máis prolongados que presentan certos animais. Tm s m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía dos Capetos.

    2. Individuo pertencente á liñaxe dos Capetos.

    3. Descendencia agnada do rei de Francia Hugo I, o Capeto. A orixe da dinastía atópase no saxón Vitinka, pai de Roberto o Forte, fundador do ducado de Francia. Os seus fillos Eudes (888-898) e Roberto I (922-923) foron reis de Francia. Hugo o Grande (?-956) non foi rei aínda que gobernou como tal. O seu fillo Hugo I sucedeu ao derradeiro rei carolinxio Luís V como monarca francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extremo máis groso dun vimbio que se retorce na parte máis delgada deste co fin de apertar e atar algo máis fortemente.

    2. Gancho ou aro de madeira colocado na punta dunha corda por onde se mete o outro extremo para que sexa máis doada a operación de atado dun feixe ou similar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de capitular.

      1. Convenio militar que pon fin á resistencia dunha tropa sitiada nunha praza fortificada ou rodeada en campo aberto, no que se establece o trato que teñen que recibir oficiais e sodados.

      2. Capitulación na que as forzas gañadoras se consideran libres de calquera compromiso de tipo xurídico respecto aos vencidos.

    2. Cada unha das disposicións que o emperador do Sacro Imperio xuraba, unha vez elixido, confirmando as soberanías dos príncipes electores.

    3. Contrato ou condicións relativas ao matrimonio que se estipulan por escrito entre as partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Árbore ou arbusto pertencente ás especies caducifolias e marcescentes do xénero Quercus, da familia das fagáceas.

      2. Árbore de casca parda e follas de base cuneiforme.

      3. Árbore de casca lisa e clara e follas de lóbulos aguzados.

      4. Arbusto rastreiro e estolonífero de cortiza cinsenta abrancazada.

      5. Árbore de casca gris parda, con follas co envés piloso e de cor branca.

      6. Árbore de casca verde e lisa en exemplares novos e parda e rachada na madurez, que presenta follas con base auriculada.

      7. Carballo de cor verde clara, con lóbulos fondos.

    1. Madeira desta árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO