"Dis" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3847.

  • Corrente aristotélica italiana centrada en Boloña (ss XV-XVI), inspirada en Alexandre de Afrodisia e caracterizada pola negación da inmortalidade da alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de letras empregadas na escritura dunha lingua e que segue unha orde determinada.

      1. Sistematización gráfica convencional por medio da que se intentan transcribir os trazos fonéticos de todo tipo de locucións fónicas.

      2. Alfabeto fonético establecido por P. Passy en 1886, no seo da Asociación Fonética Internacional (AFI).

    2. Conxunto de signos en que cada un se corresponde a unha letra ou a un número e a través deles se poden transmitir mensaxes a distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artefacto de guerra de orixe árabe, con forma de trabuco empregado para disparar pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perversión instintiva que consiste no desexo de sufrir dor física. Distínguese do masoquismo pola ausencia de compoñentes eróticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pracer sexual asociado a unha dor provocada (sadismo) ou sufrida (masoquismo).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos algonquinos ou á súa lingua.

    2. Individuo dalgunha das diversas tribos algonquinas.

    3. Conxunto de tribos amerindias que se espallaron, a partir da zona que circunda a baía de Hudson, por América do Norte; na actualidade localízanse ao L de Otawa (Canadá) e nalgúns territorios dispersos de EE UU.

    4. Familia de linguas amerindias da póla setentrional, moitas delas en vías de extinción. Forman parte desta familia o cree, o cheyenne, creek-seminole e o arapaho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dar ou recibir alimentos.

      1. Conxunto de alimentos ou substancias nutritivas que permiten aos organismos atender debidamente os seus requirimentos enerxéticos e plásticos.

      2. Serie de hábitos alimentarios fundamentados en diversas correntes que se caracterizan polo rexeitamento dalgúns alimentos.

    2. Operación que consiste en colocar as municións dunha arma, utilizando un dispositivo ou cargador.

    3. Fornecemento, a un motor de combustión interna, do aire e do combustible necesarios para o seu funcionamento.

    4. Enerxía ou materia coa que se alimenta un aparato.

    5. Incremento da masa de xeo nun glaciar ou nun inlandsis.

    6. Fornecemento de auga a un río, a un lago ou a unha capa acuífera.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que alimenta.

    2. Sistema que fornece a enerxía que cómpre para o funcionamento dos dispositivos electrónicos nas diferentes tensións nas que traballa cada circuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substancia que proporciona aos seres vivos enerxía e materias primas para a formación e reparación dos tecidos e os compostos químicos indispensables para o bo funcionamento e regulación dos mecanismos vitais.

      2. Aquilo que acotío se come e bebe nun tempo determinado.

      3. Aquilo que serve para manter unha cousa.

    1. Prestación económica que determinadas persoas están legalmente obrigadas a cumprir con familiares próximos co fin de que poidan cubrir as necesidades mínimas de subsistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. aliñamento.

    2. Xogadores dun equipo designados polo adestrador ou seleccionador para disputar un partido.

    VER O DETALLE DO TERMO