alimentación

alimentación

alimento

Plural: alimentacións
  1. s f

    Acción e efecto de dar ou recibir alimentos.

    1. s

      Conxunto de alimentos ou substancias nutritivas que permiten aos organismos atender debidamente os seus requirimentos enerxéticos e plásticos.

    2. alimentación alternativa

      Serie de hábitos alimentarios fundamentados en diversas correntes que se caracterizan polo rexeitamento dalgúns alimentos.

  2. s f [BÉL ]

    Operación que consiste en colocar as municións dunha arma, utilizando un dispositivo ou cargador.

  3. s f [TECNOL ]

    Fornecemento, a un motor de combustión interna, do aire e do combustible necesarios para o seu funcionamento.

  4. s f [TECNOL ]

    Enerxía ou materia coa que se alimenta un aparato.

  5. s f [XEOG ]

    Incremento da masa de xeo nun glaciar ou nun inlandsis.

  6. s f [XEOG ]

    Fornecemento de auga a un río, a un lago ou a unha capa acuífera.

  7. alimentación artificial
    1. Alimentación en que se substitúe a vía oral por outras.

    2. Lactancia artificial con biberón que se realiza normalmente con leites preparados industrialmente.

  8. alimentación ininterrompida [TECNOL ]

    Alimentación dun aparato, prevista para que continúe constantemente en caso dun posible corte da subministración de enerxía eléctrica exterior.

  9. circuíto de alimentación [MAR ]

    Conxunto de tanques, bombas, tubos e outros elementos que teñen por finalidade fornecer de auga as caldeiras dun barco.

  10. fonte de alimentación [FÍS ]

    alimentador.

Citas

  • A alimentación dos gatos corre a cargo da miña avoa