"peri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1992.

    1. Legado ou representante diplomático dos patriarcas das igrexas orientais, diante doutros patriarcas, cortes imperiais, organismos e personaxes correspondentes.

    2. Dignatario encargado de trasmitir os decretos e rescritos do emperador bizantino ás provincias.

    3. Mandatario dos papas ou outros eclesiásticos próximo do emperador bizantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos doce discípulos de Xesús que cita o Novo Testamento, enviados por El a predicar a Boa Nova da súa morte e resurrección.

    2. Persoa que se esforza en propagar unha doutrina.

    3. Letras entregadas, xuntamente co proceso orixinal, ao que apelaba contra unha sentenza, dirixidas a un xuíz ou a un tribunal superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuarto con función de despensa para ánforas vinarias que adoitaba acharse no piso superior na casa grega e na vila romana.

    2. Despensa ou depósito de xéneros alimenticios, principalmente viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. apoucar.

    2. Que presenta falta de carácter ou de enerxía para desenvolver proxectos ou para enfrontarse a dificultades ou perigos. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que aprende algún oficio.

    2. Persoa que ten pouca experiencia nunha materia.

    3. Mozo que traballaba baixo a tutela dun mestre para aprender un oficio.

    4. Primeiro dos tres graos básicos da francmasonaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina gnoseolóxica que afirma a preeminencia do coñecemento a priori sobre a experiencia.

    2. Método de razoamento fundamentado nas ideas a priori.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apoastro ou periastro dunha órbita, como por exemplo, cada un dos extremos do eixe maior da órbita elíptica que un planeta describe ao xirar arredor do Sol.

    2. Liña que une o apoastro e o periastro dunha órbita. No caso dun planeta que xira arredor do Sol, é o eixe maior da órbita elíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos aqueménidas.

    2. Membro da dinastía dos aqueménidas.

    3. Dinastía que gobernou o Imperio Persa desde o s VII a C ata a súa destrución por Alexandre o Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito seco e indehiscente cunha soa semente non soldada ao pericarpo, que pode ser coriáceo ou leñoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Portaestandarte do exército romano que levaba a insignia nunha lexión. Adoitaba conter a representación dunha aguia, animal sacro de Xúpiter, como símbolo da autoridade imperial, así como a sigla SPQR (Senatus Populusque Romanorum) como expresión de onde proviña o poder que ao estamento militar se lle confería, e a quen había servir.

    VER O DETALLE DO TERMO