"deus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 448.

    1. Ser divino ou calidade de divino.

    2. Deus de calquera relixión, especialmente das pagás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevar á condición de Deus unha cousa ou unha persoa que se consideran divinas.

    2. Louvar unha cousa ou unha persoa excesivamente, mesmo considerándoa divina.

    3. Unirse a alma con Deus no éxtase místico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Deus ou aos deuses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se parece a un deus na súa forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é nai dun deus, especialmente a Virxe María nai de Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina relixiosa que recoñece a existencia dun deus persoal, principio e causa do Universo, pero que nega a súa ulterior influencia sobre o mundo e a posibilidade de revelación sobrenatural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio romano que tiña un manancial ou unha fonte de auga purificadora e que estaba consagrado a unha divinidade.

    2. Lugar máis sagrado dun templo onde se venera a imaxe do deus ao que está dedicado o templo.

    3. Recinto que acollía a pía para as purificacións nas primeiras basílicas cristiás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deus creador e ordenador do mundo, causa activa intelixente produtora do cosmos na filosofía de Platón e dos gnósticos.

    2. Deus creador do universo en distintas relixións.

    3. Maxistrados de diversas cidades-estado gregas, con diversas atribucións.

    4. Persoas que traballaban para o público na antiga Grecia, como os adiviños, os médicos ou os artesáns.

    5. Persoa que, pola súa capacidade de organización, decisión e imaxinación, domina dentro dun grupo ou organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Personificación indeterminada das forzas da natureza ou da alma humana que encarna o mal na tradición popular.

    2. Persoa que actúa con maldade.

    3. Cangrexo de pequeno tamaño.

    4. Peixe, da familia dos blénidos, que posúe unha pel sen escamas, de cor acastañada con barras verticais máis escuras. É pouco apreciado polo home.

    5. galiñola.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina política que defende a intervención do pobo no goberno e na elección dos gobernantes.

      2. Conxunto de movementos, partidos políticos e sindicatos que poñen ao servizo da democracia a doutrina dos Evanxeos. A súa ideoloxía combinaba a concepción católica de xustiza social coas ideas liberais sobre a democracia política.

      3. Conxunto lexislativo e constitucional que asegura o libre exercicio das liberdades políticas.

      4. Réxime político establecido ao final da Segunda Guerra Mundial en diversos estados do leste e do surleste de Europa. Creouse baixo a dirección dos partidos comunistas como unha forma estatal no período de transición do capitalismo ao socialismo e como unha modalidade da ditadura do proletariado.

      5. Sistema político en que o pobo exerce a soberanía mediante a elección periódica polo corpo electoral dos órganos representativos.

    1. País cun sistema de goberno democrático.

    2. Sistema de participación de todos os membros dunha organización na toma de decisións.

    VER O DETALLE DO TERMO