"Guas" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 278.

    1. ixésimo primeira letra do alfabeto grego <φ>, en minúscula, e <Φ>, en maiúscula, que equivale ao PH do latín e a ese mesmo dígrafo ou o f nas linguas románicas.

    2. Símbolo empregado para designar a diferenza de fase ou desfase entre dúas magnitudes periódicas.

    3. Símbolo do fluxo, empregado na teoría de campos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia universal que reflexiona dun xeito racional e crítico sobre a natureza do mundo, a xustificación da crenza e a condución da vida, e que dá lugar a un conxunto organizado de verdades que se refiren á esencia das cousas.

      2. Disciplina filosófica que trata de establecer a xustificación e obxectividade do coñecemento científico.

      3. Disciplina filosófica que trata de establecer a natureza da comprensión histórica, a significación ou propósito do proceso histórico, os factores fundamentais no seu desenvolvemento e cambio, a posibilidade de obxectividade no proceso histórico e o tipo de verdade que se adscribe ás interpretacións históricas.

      4. Disciplina filosófica que trata de aclarar as relacións entre o pensamento e a fala, o papel do individuo e a comunidade nacional na construción da linguaxe, as orixes da linguaxe no tempo e no individuo e a estrutura das linguas particulares.

      5. Disciplina filosófica que trata de analizar os conceptos ou principios centrais das relixións monoteístas occidentais.

    1. Conxunto de sistemas, doutrinas, escolas e teorías do pensamento que se desenvolveron ao longo da historia e que se dividen en dous grandes ámbitos filosóficos, o occidental, enraizado na filosofía grega, e o oriental.

    2. Forma de pensar ou de entender alguén o mundo e a vida.

    3. Tranquilidade ou serenidade do ánimo ante as vicisitudes da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra que vai ao final dun texto, libro ou obra de teatro, especialmente nos códices escritos en latín e en linguas románicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas finoúgrias.

    2. Familia de linguas urálicas, que se estende desde o Ártico ata os Balcáns, entre Escandinavia e os Urais, e que se divide en dous subgrupos: o fínico, que agrupa o saami ou lapón, livonio, estoniano, ingrio, vepsio, carelio, livvi, ludio, finlandés, mari, mordovino, komi e udmurto, e o subgrupo ugrio que inclúe o húngaro, ou maxiar, khanti e mansi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dobrar ou dobrarse.

    2. Exercicio ximnástico que consiste na extensión e repregamento dalgunha articulación co obxectivo de traballar a musculatura que intervén nese movemento.

    3. ariación paradigmática que, nas linguas flexionais, afecta á forma de determinadas palabras para marcar a súa función e as relacións que manteñen con outras palabras copresentes no enunciado. Chámase declinación á flexión nominal e conxugación á flexión verbal.

    4. Dobramento das capas xeolóxicas debido a presións tectónicas, sen que estas cheguen a producir ruptura.

      1. Acción á que se somete un corpo elástico que se dobra polo efecto do seu peso ou de cargas externas.

      2. Dobramento dun corpo flexible baixo a acción de forzas externas ou do seu propio peso.

    5. Ensaio ao que se somete unha viga para calcular a frecha producida por unha carga determinada.

    6. Inclinación do corpo do útero respecto ao colo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á flexión.

      1. Que ten flexión.

      2. Cada unha das linguas que se caracterizan pola flexión. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os sons das linguas humanas. Divídese en tres ramas principais: fonética articulatoria que estuda os órganos que interveñen e os xestos realizados para articular cada son; fonética acústica, que atende ás propiedades físicas dos sons; e fonética auditiva, que estuda a percepción do son polo oído e o sistema nervioso e a súa interpretación polo cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da lingüística que se ocupa de estudar a compoñente fónica das linguas, é dicir, o uso lingüístico dos sons.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que trata de establecer con criterios estatísticos a estrutura fonolóxica das linguas. Foi iniciada cara a 1936 por E. e K. Zwirner.

    2. Medición da intensidade dos sons.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparencia exterior de algo.

    2. Cada unha das diferentes realizacións coas que se pode presentar algo.

      1. Cada unha das diferentes posibilidades de ser, actuar ou facer algo.

      2. Maneira de comportarse segundo as convencións sociais.

    3. Condición física ou mental dunha persoa, especialmente cando é favorable.

      1. Molde cunha figura e dimensións determinadas en que se introduce unha materia que adquire o seu aspecto e tamaño.

      2. Peza de madeira, con forma de pé, para fabricar e reparar o calzado.

      3. Molde que está disposto para facer a tiraxe.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO