filosofía
lat philosophia gr ϕ ιλοσο ϕ ία
-
-
s
Ciencia universal que reflexiona dun xeito racional e crítico sobre a natureza do mundo, a xustificación da crenza e a condución da vida, e que dá lugar a un conxunto organizado de verdades que se refiren á esencia das cousas.
-
filosofía da ciencia
Disciplina filosófica que trata de establecer a xustificación e obxectividade do coñecemento científico.
-
filosofía da historia
Disciplina filosófica que trata de establecer a natureza da comprensión histórica, a significación ou propósito do proceso histórico, os factores fundamentais no seu desenvolvemento e cambio, a posibilidade de obxectividade no proceso histórico e o tipo de verdade que se adscribe ás interpretacións históricas.
-
filosofía da linguaxe
Disciplina filosófica que trata de aclarar as relacións entre o pensamento e a fala, o papel do individuo e a comunidade nacional na construción da linguaxe, as orixes da linguaxe no tempo e no individuo e a estrutura das linguas particulares.
-
filosofía da relixión
Disciplina filosófica que trata de analizar os conceptos ou principios centrais das relixións monoteístas occidentais.
-
s
-
s
f
[FILOS ]
Conxunto de sistemas, doutrinas, escolas e teorías do pensamento que se desenvolveron ao longo da historia e que se dividen en dous grandes ámbitos filosóficos, o occidental, enraizado na filosofía grega, e o oriental.
-
s
f
Forma de pensar ou de entender alguén o mundo e a vida.
-
s
f p ext
Tranquilidade ou serenidade do ánimo ante as vicisitudes da vida.
Citas
- A filosofía da empresa era chegar a un consenso cos traballadores
- A súa filosofía consistía en gastar todo o que gañaba
- Tes que tomar as cousas con filosofía