"deus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 448.

    1. Fe e doutrina que se inspira na revelación que Deus realizou en Xesús Cristo.

    2. Conxunto de Igrexas que se consideran a si mesmas como seguidoras de Xesús de Nazaret, ao que invocan como fundamento da súa confesión de fe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Falta máis ou menos grave cometida voluntariamente.

      2. Reponsabilidade, voluntaria ou involutaria, de ser o causante dun suceso ou acción.

    1. Pecado por acción ou omisión voluntaria contra a lei de Deus.

    2. Acción ou omisión contraria ás normas de dilixencia ou prudencia comúns, sen mala fe nin vontade de causar dano, malia que se actúe consciente e voluntariamente.

    3. Acción ou omisión, realizada de forma consciente ou voluntaria, sen atender á natureza da obriga, da que deriva un resultado de dano non previsto polo culpable pero penado pola lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Adoración relixiosa a alguén ou a algunha cousa.

      2. Acto polo que o home se suxeita a Deus en sinal de recoñecemento da súa excelencia e superioridade.

      3. Conxunto de cerimonias que se realizan para render homenaxe a aquilo que se adora.

    1. Estima e respecto que se ten por algo material ou inmaterial.

    2. Adhesión, veneración e submisión incondicionais, xeralmente carentes de todo sentido crítico, que se tributa a algunhas persoas que as fomentan en virtude de mecanismos obsesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura dun meniño alado, cun arco e unha alxaba con frechas e, ás veces, cos ollos vendados, que representa ao deus do amor da mitoloxía romana.

    2. Mozo adolescente dunha gran beleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de curar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos daner.

    2. Individuo do pobo dos daner.

    3. Pobo escandinavo procedente do S da península de Xutlandia que, a comezos do s VI, defrrotou os hérulos e estendeuse polo S de Suecia e as illas circundantes. Os daneses recibiron o nome deste pobo a partir da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer alguén, de xeito voluntario, que algo pase a ser doutra persoa.

    2. Xurdir algunha cousa doutra que se considera a súa orixe.

    3. Ser causa de que algo ou alguén adquira unha determinada cousa, calidade ou estado.

    4. Facer que algo teña certa forma ou características.

    5. Deixar ver algo, como mostras, sinais ou probas.

    6. Publicar ou dar a coñecer algo.

    7. Mostrar ou executar un espectáculo.

    8. Facer que alguén dispoña da situación que se expresa.

    9. Atribuír un significado ou un valor a algo.

    10. Propinar un golpe a alguén.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade que se debe.

      1. Obriga que ten unha persoa ou un organismo que debe devolver ou pagar algo.

      2. Obriga moral que se ten con algo ou con alguén.

      3. Cantidade que debe devolverse nunha determinada data de vencemento.

      4. Débeda pública emitida polo Goberno, previa autorización dunha lei, que ten por obxecto o financiamento do gasto público.

      5. Débeda pública emitida polo goberno no mercado interior que ten por finalidade cubrir as necesidades financeiras do Tesouro Público derivadas das diferenzas entre os pagos e ingresos.

      6. Débeda pública emitida en moeda estranxeira con títulos representativos subscritos por cidadáns doutros estados.

      7. Débeda contraída con persoas físicas ou xurídicas estranxeiras que se compón de capitais e xuros.

      8. Conxunto de obrigacións contraídas por un estado a través de empréstitos, que, segundo o prazo de duración pode ser débeda a curto prazo ou flotante, ou a longo prazo ou consolidada.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos dez mandamentos da Lei Mosaica. A tradición bíblica afirma que llos entregou Deus a Moisés no Sinaí, inscritos en dúas táboas de pedra (Táboas da Lei).

    2. Conxunto de dez normas, consellos ou principios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algo baixo a advocación de Deus ou dos santos, consagrándoo ao culto.

      1. Ofrecer ou dirixir algo a alguén como homenaxe.

      2. Poñer unha dedicatoria nunha cousa.

    2. Ter alguén algo como actividade ou profesión.

    VER O DETALLE DO TERMO