"Mund" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 265.

    1. Relativo ou pertencente ao mundo irreal, da fábula ou da fantasía.

    2. Que lle gusta fabular.

    3. Que supera os límites do normal ou que destaca polas súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Profesión dos actores do teatro e en xeral da xente que se dedica ao mundo do espectáculo.

    2. Conxunto de comediantes ambulantes, orixinarios da Idade Media, que percorrían as vilas, onde organizaban espectáculos de tipo cómico popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema político instaurado en Italia pouco despois da Primeira Guerra Mundial por Benito Mussolini, baseado nunha estrutura corporativa de carácter totalitario e nacionalista, e que tivo como trazos definidores o antiliberalismo, o antimarxismo e o anticapitalismo.

      2. Ideoloxía que inspira o sistema político instaurado en Italia por Mussolini.

    1. Actitude autoritaria, arbitraria e violenta, coa que unha persoa se impón a un grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concepción filosófica segundo a cal todo é inevitable e polo tanto fatal, de tal xeito que no mundo e na vida humana todo está xa escrito de antemán polo destino.

    2. Actitude da persoa que asume esa doutrina e non atopa a posibilidade de cambiar o seu destino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevación anormal da temperatura do corpo a causa dun trastorno na súa regulación. Os mecanismos polos que se produce a febre relaciónanse coas agresións contra o organismo e cos propios axentes causantes da agresión.

    2. Enfermidade vírica do gando, fundamentalmente do bovino e do ovino, que se pode transmitir ao home, por contacto directo ou por inxestión do leite destes animais.

    3. Febre que comporta dores difusas, como cefalalxias ou mialxias, ou ben localizadas.

    4. Enfermidade vírica aguda e febril que se transmite pola picadura dos mosquitos da especie Aedes aegypi. É orixinaria de África Occidental e endémica en moitos lugares de América tropical e África.

    5. Enfermidade infecciosa febril, que se transmite polos piollos, que foi endémica-epidémica nas frontes de combate de ambas as guerras mundiais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Werner-His.

    6. Brucelose causada pola bacteria Brucella melitensis, endémica en todo o litoral mediterráneo, que se transmite habitualmente das ovellas ou das cabras ao home por medio do leite, do queixo, da carne ou doutros produtos obtidos destes animais.

    7. Febre perniciosa con accidentes intestinais disentéricos.

    8. Febre que se presenta anualmente ao aproximarse a primavera ou o verán debido ao pole en individuos hipersensibilizados.

    9. Hipertermia que se observa nalgúns nenos alimentados con leite condensado ou con leite en po debido á insuficiencia de cantidade de auga que se emprega para diluír os diferentes tipos de leite.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de finxir.

      1. Invención ou creación da imaxinación.

      2. ciencia ficción.

      3. Fábula a partir da que o dramaturgo configura un mundo dramático coas súas propias normas.

      4. Técnica xurídica que consiste en atribuír legalmente a determinadas persoas ou cousas unha calidade ou unha condición que non teñen de seu para poder outorgarlles uns efectos determinados.

      5. Creación da imaxinación do escritor ou poeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia universal que reflexiona dun xeito racional e crítico sobre a natureza do mundo, a xustificación da crenza e a condución da vida, e que dá lugar a un conxunto organizado de verdades que se refiren á esencia das cousas.

      2. Disciplina filosófica que trata de establecer a xustificación e obxectividade do coñecemento científico.

      3. Disciplina filosófica que trata de establecer a natureza da comprensión histórica, a significación ou propósito do proceso histórico, os factores fundamentais no seu desenvolvemento e cambio, a posibilidade de obxectividade no proceso histórico e o tipo de verdade que se adscribe ás interpretacións históricas.

      4. Disciplina filosófica que trata de aclarar as relacións entre o pensamento e a fala, o papel do individuo e a comunidade nacional na construción da linguaxe, as orixes da linguaxe no tempo e no individuo e a estrutura das linguas particulares.

      5. Disciplina filosófica que trata de analizar os conceptos ou principios centrais das relixións monoteístas occidentais.

    1. Conxunto de sistemas, doutrinas, escolas e teorías do pensamento que se desenvolveron ao longo da historia e que se dividen en dous grandes ámbitos filosóficos, o occidental, enraizado na filosofía grega, e o oriental.

    2. Forma de pensar ou de entender alguén o mundo e a vida.

    3. Tranquilidade ou serenidade do ánimo ante as vicisitudes da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que se desenvolveu durante o primeiro período da Ilustración, que relaciona a perfección do mundo coa existencia de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sigmund Freud ou á súa doutrina.

    2. Seguidor de Sigmund Freud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de teorías e métodos psicanalíticos de Sigmund Freud.

    VER O DETALLE DO TERMO