fatalismo

fatalismo

fatal

Plural: fatalismos
  1. s m [FILOS ]

    Concepción filosófica segundo a cal todo é inevitable e polo tanto fatal, de tal xeito que no mundo e na vida humana todo está xa escrito de antemán polo destino.

  2. s m

    Actitude da persoa que asume esa doutrina e non atopa a posibilidade de cambiar o seu destino.

Refráns

  • A desgracia que ha de vir, non pode fuxir.
  • Cabalo que ha de ir á guerra, nin o come o lobo, nin o malpare a egua.
  • Cada un nace para o que é.
  • Cada un nace para o que ha ser.
  • Este mundo así o topamos e así o ternos que deixar.
  • O paxariño que se ha perder, ás lle han de nacer.
  • O paxaro que se ha perder, ás lle han nacer.
  • O porco que é para o lobo, non hai san Antón que o garde.
  • O que a ser pobre está condenado tanto lle ten correr como estar sentado.
  • O que de Deus está, á man virá.
  • O que está de Deus non o leva o demo.
  • O que estea de Deus, á man se volve.
  • O que ichavo nace nunca a carto chega.
  • O que nace para ichavo nunca a carto chega.
  • Para os desgraciados fixéronse os infortunios.
  • Quen nace para ichavo, mal pode chegar a carta.

Palabras veciñas

fatado fatal fatalidade fatalismo fatalista fatelo fatídico -ca