"Most" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 467.

  • Que ten ou mostra clemencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mosteiro ou á congregación de Cluny.

    2. Monxe da Orde de Cluny.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunstancia que demostra a ausencia dun sospeitoso do lugar do delito no momento no que se cometeu.

    2. Razón ou escusa coa que se pretende esconder o motivo real dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore monoica, da orde das arecais, cun estípite gris e case liso, acabado nun penacho dunha trintena de follas ou palmas pinnatipartidas cuxo cultivo se dá en zonas de clima cálido e húmido, non moi arredadas do mar.

    2. Froito da árbore do mesmo nome. É unha drupa cunha parte líquida, (auga ou leite de coco) e unha parte sólida do endosperma que se emprega en alimentación.

    3. Fantasma co que se intenta asustar os nenos pequenos.

    4. Intelixencia que demostra unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molécula orgánica pequena, non proteica, relativamente complexa e termostable, necesaria para a actividade dun encima pero facilmente separable deste sen destruílo. Actúa como aceptante ou como doador dun tipo específico de átomo ou de grupo de átomo.

    2. Dinucleótido de nicotinamida e adenina.

    3. Fosfato de dinucleótido de nicotinamida e adenina.

    4. Coencima das reaccións encimáticas de transferencia de grupos acilo a grupos carbonilo ou a alcohois e aminas para dar ésteres e amidas.

    5. Catalizador bioquímico de oxidación-redución. Está relacionado, estruturalmente, coas vitaminas E e K. OBS: Tamén se denominan ubiquinonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de colorar ou colorear.

    2. Cor que se lle aplica a algo ou cor que adquire unha cousa.

    3. Procedemento para discernir os diversos compoñentes da mostra viva ou fixada sometida a exame. Baséase na capacidade selectiva e diferencial dos compoñentes para reter a materia colorante.

    4. Parte do colorido que se compón de tres cores relacionadas e dirixidas por unhas normas estéticas que regulan a súa cantidade.

    5. Termo que na notación antiga designaba o emprego da cor para encher as notas (vermella ou negra) e indicar diferentes valores de duración ou cambios de ritmo.

      1. Coloración da superficie externa dun ser vivo para lles mostrar aos posibles depredadores que pode ser perigoso.

      2. Coloración da superficie externa dun ser vivo para que a súa presenza pase inadvertida ante posibles depredadores ou posibles presas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento arquitectónico de sección circular que cumpre a función de soportar as presións verticais e oblicuas da arquitrabe e do arco, composto de base, fuste e chapitel.

      2. Columna co fuste decorado con estrías verticais que poden estar unidas con filete ou non.

      3. Columna que ten o fuste formado por bloques almofadados ou cadrados.

      4. Columna co fuste formado por distintos aneis ou faixas de diferente diámetro e superpostos un tras outro.

      5. Columna sen función construtiva e que se erixe en lembranza ou conmemoración dun suceso ou dun persoeiro.

      6. Columna que non está pegada ou adherida a ningunha parte do edificio ou do muro.

      7. Columna pegada que introduce parte do seu fuste no muro, formando parte del. OBS: Tamén se denomina semicolumna.

      8. Columna co fuste de forma helicoidal.

    1. Feixe de cousas colocadas unhas enriba das outras.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das persoas que come xunto a outras na mesa.

    2. Aplícase á especie que vive en comensalismo con outra. Tm s.

      1. Persoa que, nos antigos mosteiros, gozaba do beneficio de participar nas comidas monásticas.

      2. Eclesiástico agregado ao servizo permanente dun prelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Beneficio de comensal nos antigos mosteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de actividades de compra, venda ou intercambio de produtos co obxectivo de conectar a produción co consumo ou co investimento.

      2. Comercio relativo a volumes pequenos de produtos de uso inmediato no que o comprador é o consumidor final.

      3. Comercio a grande escala.

    1. Conxunto de comerciantes e actividades comerciais dunha poboación ou un país.

    2. Establecemento dedicado á actividade comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO