coencima

coencima
Plural: coencimas
  1. s [BIOQ ]

    Molécula orgánica pequena, non proteica, relativamente complexa e termostable, necesaria para a actividade dun encima pero facilmente separable deste sen destruílo. Actúa como aceptante ou como doador dun tipo específico de átomo ou de grupo de átomo.

  2. coencima I [BIOQ ]

    Dinucleótido de nicotinamida e adenina.

  3. coencima II [BIOQ ]

    Fosfato de dinucleótido de nicotinamida e adenina.

  4. coencima A [BIOQ ]

    Coencima das reaccións encimáticas de transferencia de grupos acilo a grupos carbonilo ou a alcohois e aminas para dar ésteres e amidas.

  5. coencima Q [BIOQ ]

    Catalizador bioquímico de oxidación-redución. Está relacionado, estruturalmente, coas vitaminas E e K. OBS: Tamén se denominan ubiquinonas.