"Fin de" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 226.

    1. Manter un diálogo dúas ou máis persoas, grupos ou organismos co fin de chegar á unha solución.

    2. Dar forma de diálogo a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de falar dúas ou máis persoas para intercambiar ideas, sentimentos ou opinións.

      2. Acción de falar unha con outra dúas ou máis persoas, grupos ou organizacións co fin de chegar á solución de problemas comúns.

    1. Conversa entre dous ou máis personaxes, oposto ao monólogo.

    2. Obra literaria que reproduce unha conversa entre varios interlocutores que opinan sobre determinados temas.

    3. Método filosófico que se emprega para coñecer a verdade que pon de manifesto unha maneira de pensar non dogmática.

    4. Composición vocal dos ss XVI e XVII na que alternan dúas voces, que poden presentar a forma de diálogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de difundir ou de difundirse.

    2. Proceso de cambio cultural mediante o que diferentes elementos dunha cultura pasan a outra.

    3. Transporte de materia que se produce polo movemento molecular ao azar dun lugar onde a concentración é máis elevada a outro onde é máis baixa, ata chegar a unha igualdade de concentracións.

    4. Alteración da distribución dunha radiación que se propaga en múltiples direccións despois de ser reflectida nunha superficie ou de atravesar un medio determinado.

    5. Etapa da extracción do azucre en que se deixa a remolacha en contacto con auga quente co fin de disolver a sacarosa.

    6. Número total de exemplares do mesmo número distribuídos por calquera publicación impresa, ben sexa xornal ou revista.

    7. Transporte de moléculas a través da membrana celular, que non require o consumo de enerxía.

    8. Mecanismo que consiste na difusión de moléculas pequenas, solubles nos lípidos, a través da matriz lipídica da membrana celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que difunde. Tm s, referido a persoa.

    2. Dispositivo onde se desacelera unha corrente de fluído, co fin de conseguir un aumento brusco da presión.

    3. Obxecto ou dispositivo que está destinado a modificar a distribución espacial do fluxo luminoso dunha fonte.

    4. Peza en forma de anel que vai aparafusada ao  pozo do carburador.

    5. Material que se emprega para suavizar a luz que pasa atravesándoo.

    6. Depósito en que se extrae o zume sacarino da remolacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dilúe.

    2. Substancia que se engade a outra para aumentar o grao de dispersión ou o volume, co que diminúe a concentración.

    3. Líquido que se emprega para rebaixar a densidade da pintura co fin de obter a fluidez requirida polo pintor.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de medios materiais que se empregan para modificar exteriormente a aparencia. O máis clásico e invariable é o cigarrón, típico de Verín.

      2. Medio que se emprega na comisión dun delito co fin de evitar ser recoñecido. 

      3. Recurso teatral que empregan os actores para desfigurar a súa fisionomía e adaptala á dos personaxes que  representan.

    1. Finximento mediante o que se presenta a realidade baixo unha falsa aparencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que disgrega.

    2. Substancia que se engade a un comprimido co fin de que este se desfaga ao estar en contacto cun líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espazo que existe entre unha persoa ou cousa e outra.

      2. Período de tempo que existe entre dous feitos ou acontecementos.

      3. Distancia que se encontra por cálculo entre dúas posicións do navío.

      4. Distancia que se obtén mediante o cálculo da estima.

      5. Distancia que se consegue resolvendo os triángulos esféricos dunha ou varias observacións astronómicas.

    1. Afastamento afectivo ou ideolóxico na relación entre persoas.

      1. Diferenza destacable de valor ou rango entre persoas ou cousas.

      2. Separación que se mantén, especialmente no comportamento, con relación a unha persoa, un grupo ou un estrato social, en consideración da diferenza de grao ou condición social que existe.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de disuadir.

    2. Estratexia política internacional que se fundamenta na construción e acumulación de armamento co fin de desanimar os adversarios en potencia de tomar a iniciativa dunha agresión armada.

    3. Unha das dúas opcións ou finalidades que persegue o xénero deliberativo que ten como obxectivo argumentar a conveniencia ou non dunha determinada acción, atendendo, principalmente, á súa maior ou menor utilidade para a comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de dividir ou dividirse.

      2. Operación aritmética, inversa á multiplicación, que consiste, dados os números a (o dividendo) e b (o divisor), en localizar un número c (o cociente), de maneira que o produto bxc sexa igual a a.

      3. Especialización das unidades económicas ou traballadores nunha tarefa determinada que constitúe unha parte do proceso produtivo completo.

      4. Conxunto de dúas parellas de puntos A,B e C,D dunha mesma recta, tales que os dous puntos dunha mesma parella dividen o segmento formado polos outros dous puntos nas razóns opostas AC/AD = BC/BD.

      1. Cada unha das partes ou grupos en que se divide algo.

      2. Categoría sistemática, sinónima de filo, que se emprega nos vexetais, en que se dividen os reinos e que agrupa as clases.

      3. Clasificación dos seres vivos en categorías sistemáticas.

      4. Conxunto de equipos que participan nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico ben en función de méritos deportivos contraídos con anterioridade, ben porque, sen reuniren eses requisitos, cumpren outras condicións requiridas na regulamentación.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO