diálogo

diálogo

lat dialŏgu gr διάλογος

Plural: diálogos
  1. s m
    1. Acción de falar dúas ou máis persoas para intercambiar ideas, sentimentos ou opinións.

    2. Acción de falar unha con outra dúas ou máis persoas, grupos ou organizacións co fin de chegar á solución de problemas comúns.

  2. s m

    Conversa entre dous ou máis personaxes, oposto ao monólogo.

  3. s m [LIT ]

    Obra literaria que reproduce unha conversa entre varios interlocutores que opinan sobre determinados temas.

  4. s m [FILOS ]

    Método filosófico que se emprega para coñecer a verdade que pon de manifesto unha maneira de pensar non dogmática.

  5. s m [MÚS ]

    Composición vocal dos ss XVI e XVII na que alternan dúas voces, que poden presentar a forma de diálogo.

Citas

  • As obras teatrais son as que máis diálogo presentan
  • O diálogo entre as dúas veciñas prolongouse toda a mañá
  • O diálogo mantido entre o goberno e a oposición non foi nada fructífero