distancia

distancia

lat distantĭa

Plural: distancias
    1. s

      Espazo que existe entre unha persoa ou cousa e outra.

    2. s

      Período de tempo que existe entre dous feitos ou acontecementos.

    3. distancia directa [MAR ]

      Distancia que se encontra por cálculo entre dúas posicións do navío.

    4. distancia estimada [MAR ]

      Distancia que se obtén mediante o cálculo da estima.

    5. distancia observada [MAR ]

      Distancia que se consegue resolvendo os triángulos esféricos dunha ou varias observacións astronómicas.

  1. s f

    Afastamento afectivo ou ideolóxico na relación entre persoas.

  2. s f
    1. Diferenza destacable de valor ou rango entre persoas ou cousas.

    2. [SOCIOL ]

      Separación que se mantén, especialmente no comportamento, con relación a unha persoa, un grupo ou un estrato social, en consideración da diferenza de grao ou condición social que existe.

    1. distancia aparente de dous astros

      Ángulo determinado pola visual que pasa polo punto de observación e cada un dos astros considerados.

    2. distancia cenital dun astro

      Ángulo determinado pola visual que pasa polo punto de observación e polo astro considerado e a vertical do lugar de observación.

    3. distancia polar dun astro

      Distancia angular entre o polo da esfera celeste e un astro.

    1. s

      Lonxitude que se mide sobre o eixe dunha vía, do percorrido efectivo ou necesario para que un vehículo faga unha manobra determinada ou se cumpran certas condicións.

    2. distancia de adiantamento

      Distancia percorrida por un vehículo que fai un adiantamento, desde o lugar en que se aparta da súa traxectoria normal, co fin de sobrepasar o vehículo de adiante, ata o sitio no que ten a posibilidade de volver ao carril polo que circulaba.

    3. distancia de freada

      Distancia percorrida por un vehículo no tempo mínimo necesario que vai desde que o condutor se decata da necesidade de deterse ata que o vehículo queda freado.

    4. distancia de seguridade

      Distancia mínima que ten que haber entre dous vehículos que circulan a igual velocidade polo mesmo carril dunha vía para evitar a colisión en caso de freada.

    5. distancia de visibilidade

      Lonxitude que se mide sobre o eixe dunha calzada, do tramo que hai diante dun vehículo e que resulta enteiramente visible, sen interrupción, desde a posición do condutor.

  3. distancia de salto [TECNOL ]

    Distancia mínima que existe entre o punto onde se transmite unha onda de radio, e o punto desde onde é posible a súa recepción.

  4. distancia xenética [XEN ]

    Medida estatística das diferenzas xenéticas entre dous individuos ou dúas poboacións.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A nosa relación estivo marcada polo distanciamento tanto físico coma moral.
  • Entre o primeiro e o segundo disco houbo unha distancia de dous anos
  • Hai moita distancia entre o que eu penso e o que pensas ti
  • Tratou os parentes con moita distancia, A distancia entre nós é cada vez maior debido ao teu silencio
  • ¿A canta distancia estamos do mar?

Frases feitas

  • A distancia loc adv De lonxe, que est

  • Gardar/manter as distancias Non permitir algu