difusión
lat diffusiōne
-
s
f
Acción e efecto de difundir ou de difundirse.
-
s
f
[ANTROP/CULT ]
Proceso de cambio cultural mediante o que diferentes elementos dunha cultura pasan a outra.
-
s
f
[QUÍM/FÍS ]
Transporte de materia que se produce polo movemento molecular ao azar dun lugar onde a concentración é máis elevada a outro onde é máis baixa, ata chegar a unha igualdade de concentracións.
-
s
f
[FÍS ]
Alteración da distribución dunha radiación que se propaga en múltiples direccións despois de ser reflectida nunha superficie ou de atravesar un medio determinado.
-
s
f
[IND/TECNOL ]
Etapa da extracción do azucre en que se deixa a remolacha en contacto con auga quente co fin de disolver a sacarosa.
-
s
f
[COMUN ]
Número total de exemplares do mesmo número distribuídos por calquera publicación impresa, ben sexa xornal ou revista.
-
difusión facilitada
[BIOQ ]
Transporte de moléculas a través da membrana celular, que non require o consumo de enerxía.
-
difusión simple
[BIOQ ]
Mecanismo que consiste na difusión de moléculas pequenas, solubles nos lípidos, a través da matriz lipídica da membrana celular.
Sinónimos
Citas
- A noticia da voda tivo unha gran difusión en todos os medios de comunicación