"ECL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 467.

    1. Declarar a alguén culpable por sentenza, impoñéndolle unha pena ou castigo.

    2. Declarar unha cousa merecedora de condena.

    3. Manifestar unha opinión contraria sobre algún asunto.

    4. Ser unha persoa a causa da súa pena ou castigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Reunión do clero dunha circunscrición eclesiástica que posteriormente se substituíu por xornadas ou semanas de estudo.

      2. Reunión do episcopado dun estado ou dunha rexión eclesiástica e do correspondente organismo de coordinación.

      3. Reunión diplomática convocada por un estado ou por unha organización internacional para tratar temas de interese común ou para negociar a conclusión dun tratado.

      4. Asemblea ou reunión de varias persoas para tratar cuestións políticas, científicas, sociais ou outras, especialmente cando os participantes representan un determinado país.

    1. Discurso en que se tratan en público diferentes temas.

    2. Comunicación telefónica interurbana ou internacional.

    3. Reunión en que unha ou diversas persoas responden ás preguntas que lles fan os xornalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Admitir algo que se mantiña en secreto.

      2. Manifestar os pecados a un sacerdote para recibir a absolución.

    1. Declarar publicamente as crenzas propias.

    2. Administrar o sacerdote o sacramento da penitencia.

    3. Admitir ou recoñecer unha persoa que é o que expresa.

    4. Dicir os pecados ao sacerdote.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de confesar ou confesarse.

      1. Sacramento da penitencia.

      2. Parte do sacramento da penitencia que consiste na declaración dos propios pecados ao sacerdote.

      1. Igrexa ou relixión á que pertence unha persoa.

      2. Síntese escrita da fe dunha igrexa, especialmente protestante.

      1. Declaración pola que unha persoa recoñece a súa participación nun feito delituoso como autor, cómplice ou encubridor.

      2. Medida de proba testemuñal prestada por unha das partes litigantes nun proceso.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de confirmar ou confirmarse.

    2. Aquilo que confirma ou proba algo.

    3. Sacramento que completa a acción do bautismo e que, xunto coa comuñón eucarística, forma a iniciación cristiá.

    4. Documento declarativo de vontade unilateral emitido pola persoa que, estando lexitimada para executar a acción de anulación dun contrato, manifesta a súa vontade de renunciar a tal impugnación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado prolongado de oposición ou contenda entre persoas ou cousas.

    2. Situación dada por unha discordancia entre as tendencias e os intereses ou imposicións externas.

    3. Situación que se produce no proceso de adquisición de novos coñecementos, se os coñecementos previos do alumno entran en contradición coas novas informacións que se quere integrar na súa estrutura cognoscitiva.

    4. Controversia que se orixina cando dous entes pertencentes ás ordes civil, penal, contencioso-administrativa ou social, e dotados de personalidade xurídica, se consideran competentes nun asunto ou declinan as súas atribucións na materia.

    5. Controversia orixinada pola concorrencia de dúas ou máis normas xurídicas na regulación dun feito concreto.

    6. Situación que se produce como consecuencia da alteración provocada no desenvolvemento ou na extinción dunha relación laboral.

    7. Coincidencia e oposición de dúas palabras, como resultado de ambigüidades contextuais.

    8. Situación de desequilibrio que se produce entre dous grupos lingüísticos cando entran en contacto.

    9. Elemento fundamental da vida que ten lugar no ámbito social e que reflicte unha peculiar forma de relación que se manifesta de formas diferentes, aínda que case sempre normalizadas, como enfrontamentos, tensións, oposicións ou loitas entre persoas, grupos, organizacións ou estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema protestante de organización eclesiástica que xurdiu en Inglaterra no s XVI. Presenta a Igrexa local como un corpo autónomo de crentes independentes, rexido polas Escrituras e que ten a Cristo como única cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento oficial destinado a aprender diversas artes, como a danza, a declamación, a música e o teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato dotado dun mando de control que permite reproducir os videoxogos na pantalla dun monitor.

    2. Periférico co que se comunica o operador directamente co sistema operativo.

    3. Panel en que están dispostos os mandos de control dunha instalación ou dun aparato.

    4. Elemento arquitectónico construído en saínte, como as ménsulas ou as repisas.

      1. Parte superior da arpa onde están as caravillas.

      2. Mesa de mandos do órgano que comprende os teclados manuais, os rexistros e os pedais.

    5. Moble de adorno, moi frecuente nas salas dos ss XVIII e XIX, en forma de mesa alongada, xeralmente sen caixóns e sostida por columnas ou pés, que se coloca arrimada á parede e serve de soporte a obxectos decorativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de tocar fisicamente unha persoa ou unha cousa a outra.

    2. Relación social de dúas ou máis persoas.

    3. Persoa que fai de intermediaria para obter algunha cousa.

    4. Instante en que o punto luminoso dun astro que se eclipsa entra ou sae do cono de sombra do corpo que eclipsa.

      1. Condición de dous corpos condutores que se tocan co fin de establecer o paso de corrente eléctrica dun a outro.

      2. Peza condutora destinada a establecer un contacto con outra semellante para producir o peche ou a abertura dun circuíto eléctrico.

    5. Superficie plana que separa dúas masas contiguas de rocha.

    6. Copia das mesmas dimensións ca o negativo que se realiza ao poñer en contacto, durante a exposición, o papel co negativo orixinal.

    7. Peza metálica disposta a modo de traveseiro, colocada entre os carrís e conectada cos sinais dunha instalación de bloqueo que, ao pasar unha locomotora, acciona un dispositivo sonoro desta cando a vía está ocupada.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO