consola

consola

fr console

Plural: consolas
  1. s f [TECNOL ]

    Aparato dotado dun mando de control que permite reproducir os videoxogos na pantalla dun monitor.

  2. s f [INFORM ]

    Periférico co que se comunica o operador directamente co sistema operativo.

  3. s f [TECNOL ]

    Panel en que están dispostos os mandos de control dunha instalación ou dun aparato.

  4. s f [ARQUIT ]

    Elemento arquitectónico construído en saínte, como as ménsulas ou as repisas.

  5. s f
    1. Parte superior da arpa onde están as caravillas.

    2. Mesa de mandos do órgano que comprende os teclados manuais, os rexistros e os pedais.

  6. s f [DEC ]

    Moble de adorno, moi frecuente nas salas dos ss XVIII e XIX, en forma de mesa alongada, xeralmente sen caixóns e sostida por columnas ou pés, que se coloca arrimada á parede e serve de soporte a obxectos decorativos.