confirmación

confirmación

lat confirmatiōne

Plural: confirmacións
  1. s f

    Acción e efecto de confirmar ou confirmarse.

  2. s f

    Aquilo que confirma ou proba algo.

  3. s f [RELIX ]

    Sacramento que completa a acción do bautismo e que, xunto coa comuñón eucarística, forma a iniciación cristiá.

  4. s f [DER ]

    Documento declarativo de vontade unilateral emitido pola persoa que, estando lexitimada para executar a acción de anulación dun contrato, manifesta a súa vontade de renunciar a tal impugnación.

Citas

  • A súa agresividade era a confirmación de que estaba deprimido
  • Aínda non ten confirmación ningunha de se lle deron a bolsa ou non