"Conso" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 188.

      1. Cada un dos estados, posicións, calidades ou valores dunha cousa cando se pode calibrar de maior a menor e viceversa.

      2. alor ou medida en que se cuantifica algo que está suxeito a variación.

      3. Cada unha das seccións en que se agrupan os alumnos segundo a idade ou estado de coñecementos.

      4. Cada un dos títulos que se conceden segundo os diferentes niveis en que se dividen os estudos de ensino medio e superior.

      5. Cada unha das partes en que se divide a duración das penas.

      6. Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou distancia que separa o padal e a lingua, nunha emisión vocálica normal.

      7. Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou marxe de abertura do canal glótico ou supraglótico, nunha emisión consonántica normal.

      8. Cada un dos valores ou nivel de expresión susceptible de ser manifestado por un adxectivo. Distínguense tres graos: o positivo, o comparativo (superioridade, igualdade e inferioridade) e o superlativo.

    1. Nome que acompaña os títulos de certos estudos.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Certo número de persoas, animais ou cousas que forman un conxunto por ter semellanzas ou características en común ou por estar no mesmo lugar.

      2. Conxunto de figuras, retratos, pinturas ou outra manifestación artística, que forman unha unidade nunha obra.

      3. Escultura integrada por un conxunto de figuras.

    1. Estrutura alxébrica que se constitúe por un conxunto G onde se define unha operación, que para calquera elemento a, b, c de G cumpre que ten a propiedade asociativa, que G contén un elemento neutro e e que para calquera elemento a existe outro en G, que se representa por a’, que é o seu inverso.

    2. Conxunto de dúas máquinas, xeralmente un motor e un xerador, que se axustan mecanicamente.

      1. Reunión de dúas ou máis consoantes sucesivas con ou sen unidade silábica.

      2. Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos dotado de sentido e supeditado a unha sílaba tónica preponderante que regula o resto dos acentos secundarios, de acordo, ou non, coas sílabas tónicas dos outros elementos.

      3. Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos dotado de sentido e limitado por dúas pausas.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dígrafo galego que representa o fonema consonántico oclusivo velar sonoro

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redución anómala dunha ou de dúas articulacións semellantes ou repetidas cando posúen consoantes iguais. OBS: Tamén se denomina haplolalia ou condensación asimiladora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos grupos de consoantes que pertencen a sílabas distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hurritas ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo hurrita.

    3. Pobo de Oriente Próximo, que habitaba o territorio situado entre os lagos Van e Urmia, e que  cara a 1600 consolidou o reino independente de Mitanni.

    4. Lingua dos hurritas, aínda sen clasificar (amosa semellanzas co elamita, co ẖatti, co urarteo e coas linguas caucásicas), que se documenta desde o 2300 a C.

    5. Relixión propia dos hurritas na que as divindades, representadas de xeito antropomorfo ou zoomorfo, encarnaban as forzas da natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao lume.

    2. Aplícase ás rochas formadas polo arrefriamento e a consolidación de magmas que existen no interior da Terra, a presión e temperaturas elevadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • inconsolable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pode ser consolado ou non ten consolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se consome ou que non se pode consumir.

    VER O DETALLE DO TERMO